Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 96/623 R.C.I. 15/13.000).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Frigoríficos Con

chado, S.A., co enderezo social no lugar de Almeiras, s/n, 15189 Culleredo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Planta de coxeración de enerxía eléctrica e calor, que se vai instalar dentro do recinto da súa factoría situada no enderezo antes referido, cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeradores de 2.80 kW, composta por:

-Dous motores de combustión interna alternativos, funcionando con gasóleo C, de 1.400 kW mecánicos cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 2.000 kVA cada un, tensión de xeneración 6 kV, factor de potencia 0,8.

-Un centro de transformación eléctrica 6/15 kV, tipo interior, cun transformador de 4.000 kVA de potencia.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calor en forma de vapor e auga quente.

-Instalacións de baixa tensión de regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

O investimento necesario para a planta estímase en 192.049.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 27 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6931