Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1996 pola que se anuncia a contratación das obras de construcción do Centro de Exposicións e Promoción de Recursos da Comarca de Trives, na Pobra de Trives (Ourense), polo procedemento de concurso público aberto.

1. Obxecto do contrato: contratación das obras de construcción do Centro de Exposicións e Promoción de Recursos da Comarca de Trives, na Pobra de Trives (Ourense).

2. Prazo de execución: 17 meses.

3. Orzamento de licitación: 78.234.981 pesetas.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante o aboamento do seu importe.

5. Fianza provisional: 1.564.700 pesetas.

6. Fianza definitiva: 3.129.399 pesetas.

7. Clasificación que se esixe: grupo C, subgrupos 2 e 4, categoría C.

8. Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 22 de outubro de 1996.

10. Apertura de proposicións: en acto público, ás 10 horas do día 25 de outubro de 1996, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, que deberá abonar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

6547