Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.666

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

DECRETO 354/1996, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 307/1995, do 13 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia e se establece a súa composición e o seu réxime de funcionamento.

A publicación do Decreto 237/1996, do 14 de xuño, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e do Decreto 257/1996, do 20 de xuño, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura e Comunicación Social, obrigan a modificar parcialmente o Decreto 307/1995, do 13 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia e se establece a súa composición e o seu réxime de funcionamento, co fin de adaptalo ós cambios introducidos polos anteriores decretos.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo primeiro punto 2 do Decreto 307/1995, do 13 de xullo, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo primeiro.2.

O Consello Asesor adscríbese, sen prexuízo da súa independencia funcional, á Consellería de Cultura e Comunicación Social, a través da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual».

Artigo 2º

Modifícase o artigo segundo punto b do Decreto 307/1995, do 13 de xullo, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo segundo.b.

Coñecer e informa-las liñas estratéxicas de actuación recollidas no Libro branco das telecomunicacións, así como no futuro libro branco do audiovisual de Galicia, que poñerá en marcha a Consellería de Cultura e Comunicación Social».

Artigo 3º

Modifícase o artigo do Decreto 307/1995, do 13 de xullo, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo terceiro.-Composición.

O Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisuais de Galicia estará composto por:

-Presidente: o presidente da Xunta de Galicia.

-Vicepresidente I: o conselleiro de Cultura e Comunicación Social.

-Vicepresidente II: o director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

-Vicepresidente III: o director da Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

-Vocais:

1. En representación da Administración autonómica, designados polo presidente do Consello Asesor e por proposta dos titulares dos departamentos respectivos:

Dous representantes da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Un representante da Consellería de Economía e Facenda.

Un representante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dous representantes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Dous representantes da Consellería de Industria e Comercio.

Un representante da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Tres representantes da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Un representante da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Un representante da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Un representante da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Un representante da Consellería de Familia Muller e Xuventude.

Un representante da Secretaría Xeral de Protección Civil.

2. En representación da Administración local:

Dous representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta da dita federación.

Un representante de cada unha das sete cidades maiores de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta de cada concello.

3. Un representante especialista en temas de telecomunicacións das tres universidades de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta conxunta dos rectores de cada unha delas.

Un representante especialista en temas de audiovisual das tres universidades de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta conxunta dos rectores de cada unha delas.

Un representante do Centro de Supercomputación de Galicia, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta deste.

Un representante da Escola de Imaxe e Son, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

Un representante da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación, designado polo presidente do Consello Asesor por proposta desta.

4. En representación dos sindicatos, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta das ditas organizacións:

Un representante de cada un dos sindicatos do catro máis representativos en Galicia.

5. En representación dos usuarios:

Un representante das asociacións de usuarios industriais de servicios de telecomunicacións, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposrta destas.

6. En representación dos industriais e comercializadores, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

Dous representantes da industria de fabricación de equipos de telecomunicacións.

Un representante dos comercializadores e importadores de equipos de telecomunicacións.

7. En representación dos operadores de servicios de telecomunicacións, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destes:

Un representante por cada un dos operadores que presten servicios na nosa Comunidade Autónoma.

8. Tres representantes da Compañía de Radio Televisión de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

9. En representación de televisión e radiodifusión:

Un representante de Radio-Televisión Española en Galicia, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

Un representante por cada una das televisións privadas, con delegación en Galicia, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destas.

Un representante por cada unha das asociacións de emisoras locais de radiodifusión sonora e das televisións locais, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destas.

Un representante por cada unha das cadeas privadas de frecuencia modulada da nosa Comunidade, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destas.

10. Un representante por cada un dos diarios impresos galegos, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destes.

11. Dous representantes das asociacións máis importantes do audiovisual de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta conxunta de todas elas, ou, no seu defecto, da Confederación de Empresarios de Galicia.

Un representante de empresas de servicios de publicidade, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia.

12. Un representante da Fundación Galicia-Europa, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

13. Ata un máximo de dez vocais, designados polo presidente do Consello Asesor, entre persoeiros de recoñecido prestixio no sector das telecomunicacións e do audiovisual.

-Secretario: un funcionario da Consellería de Cultura e Comunicación Social, con voz e voto.

Artigo 4º

Modifícase o artigo oitavo do Decreto 307/1995, do 13 xullo, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo oitavo.-Comisión Permanente.

A Comisión Permanente estará composta polos seguintes membros:

-Os vicepresidentes do Consello Asesor.

-Vocais:

Dous do apartado 1, do artigo terceiro.

Un do apartado 2, do artigo terceiro.

Un do apartado 3, do artigo terceiro.

Un do apartado 4, do artigo terceiro.

Un do apartado 6, do artigo terceiro.

Un do apartado 7, do artigo terceiro.

Un do apartado 8, do artigo terceiro.

Un do apartado 9, do artigo terceiro.

Un do apartado 10, do artigo terceiro.

Un do apartado 11, do artigo terceiro.

Tres do apartado 13, do artigo terceiro.

-Secretario:

O secretario do Consello Asesor.

Para a constitución da Comisión Permanente, cada un dos grupos de entidades representadas que se citan propoñerán a designación, á súa vez, de entre os seus membros electos, do vocal ou vocais que corresponda. No caso de non realizarse algunha proposta de designación, quedará aquela validamente constituída cos vocais propostos, sen prexuízo da súa designación ulterior ó obxecto da súa constitución definitiva.

Serán funcións da Comisión Permanente:

a) Elevar ó pleno, co seu parecer os estudios e informes das ponencias, así como as propostas de acordos que considere necesarias.

b) Coñecer e emitir informe sobre os proxectos previstos no artigo 2 c), do presente decreto, salvo que o seu presidente decida expresamente sometelos ó coñecemento do pleno.

c) Aquelas funcións que acorde delegarlle o pleno ou lle asigne o Regulamento de funcionamento do consello.

Disposicións derrogatorias

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Queda facultado o conselleiro de Cultura e Comunicación Social para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

6697