Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.660

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 10 de setembro de 1996 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, dos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan. (Ordes e dez máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante da comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 9 de setembro de 1996. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Sr. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza. Praza de Galicia, s/n, 15071 A Coruña.

Visto o acordo da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xultados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan.

Esta xerencia territorial en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no apartado undécimo da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento do acordo da Sala do Goberno de data 6-9-1996:

-Provincia da Coruña:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, Carmen Veiras Suárez.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, María Lorenza Fernández Calaza.

-Provincia de Lugo:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Fonsagrada, María de los Ángeles Pernas Vale.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Mondoñedo, Javier Tudela Guerrero.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Monforte de Lemos, María del Carmen Ramos Vázquez.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vilalba, Carolina Elvira Vázquez Fernández.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Viveiro, María del Mar Barral Pérez.

-Provincia de Ourense:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Pobra de Trives, Ana Isabel Rodríguez Martínez.

-Provincia de Pontevedra:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín, María del Pilar Pazos González.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín, María Denise Romero Barciela.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Tui, Alejandro Couselo Barrio.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o secretario xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte o da súa notificación. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente Territorial. Manuel Olmo Peláez. Asinado. Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial».

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, xunto remito o presente edicto, pregándolle envíe a esta Presidencia un exemplar del no que se faga para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 10 de setembro de 1996.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.