Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 7 de agosto de 1996, acordou convocar concurso público para a adxudicación, polo sistema de concesión, da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga potable e saneamento do concello de Vilalba (Lugo), así como aproba-lo prego de condicións económico-administrativas que rexerán o dito concurso.

Polo que, de conformidade co establecido no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, se somete a exposición pública o dito prego, durante o prazo de 8 días hábiles, contados desde a derradeira publicación deste anuncio no BOE, DOG ou BOP de Lugo, co obxecto de que os interesados poidan examinalo nas dependencias municipais e formularen as alegacións que consideren oportunas.

Así mesmo, publícase o anuncio de concurso, conforme o previsto no artigo 123 do real decreto anteriormente citado, aínda que a licitación quedará aprazada no caso de que se presentasen reclamacións contra o prego de condicións.

Vilalba, 21 de agosto de 1996.

Gerardo Criado Guizán

Alcalde accidental

9606827