Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a adquisición de dúas unidades de tomografía axial computerizada de rotación continua (SCC. 39/1996).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º andar, 15704 Santiago de Compostela, teléfono: (981) 54 27 67, fax: (981) 54 27 62.

2. Modalidade da adxudicación: concurso.

3. a) Lugar da entrega da subministración: Hospital Juan Canalejo da Coruña e Hospital Universitario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: dúas unidades de tomografía axial computerizada de rotación continua.

-Orzamento total: cento corenta millóns de pesetas (140.000.000 de ptas.) IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: a totalidade da subministración, non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 30 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicita-los documentos pertinentes: ver prego de cláusulas, punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 31-10-1996.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 11-11-1996.

b) Enderezo ó a que se dirixirán: ver prego de cláusulas, punto 1.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde en San Lázaro a partir das 10 horas do 22-11-1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional do 2% do orzamento de licitación: 2.800.000 ptas.; fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación: 5.600.000 ptas. Ver punto 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: artigo 24 da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: véxase folla de especificacións e enquisa técnica que se xuntan ó prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de condicións, punto 12.

14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicado no punto 1.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacions Oficiais das Comunidades Europeas: 17-9-1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolucción na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1996.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo.

Director xeral de Recursos Económicos

6905