Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1996 pola que se renova e amplía a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Inveco, S.L. con domicilio na estrada da Coruña, nº 16-27298 Lugo.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/ 1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción, e por proposta da dirección técnica de construccións e con informe favorable do Lacace, conforme establecen os artigos 12 g) e 20 a) do Decreto 108/91, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Renovar e amplia-la acreditación e a súa inscrición no rexistro de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Inveco, S.L. con domicilio na estrada da Coruña, nº 16, 27298 Lugo, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-HA.- Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos co número 15006HA91.

-ST.-Área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15048ST94.

-SE.-Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15054SE96.

-SV.-Área de solos, áridos, mezclas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais, co número 15055SV96.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

6904