Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación da consultoría e asistencia para a redacción do proxecto de reforma da residencia da terceira idade de Ferrol.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 6/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Descripción do obxecto: redacción do proxecto de reforma da residencia terceira idade de Ferrol.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: residencia da terceira idade de Ferrol.

d) Prazo de execución: un (1) mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Presuposto base de licitación:

Importe total: tres millóns cincuenta e cinco mil setecentas dezaoito pesetas (3.055.718 ptas.).

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández 2-4, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15011.

d) Teléfono: (981) 18 58 06.

e) Telefax: (981) 18 58 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Coruña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández 2-4, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións:

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 6 de setembro de 1996.

Diego M. Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

6894