Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución e modificación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das constitucións e modificación das sociedades agrarias de transformación, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, que se citan.

As constitucións de:

A sociedade agraria de transformación Hortalizas Gómez, S.A.T. nº 936 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio nas Eiras-O Rosal (Pontevedra); obxecto social: producción e comercialización de froitas e verduras; capital social: 4.500.000 ptas.; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Asociación de Productores de Huevos de Galicia, S.A.T. nº 937 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en Recinto feiral-Silleda (Pontevedra); obxecto social: producción e comercialización de ovos; capital social: 800.000 ptas.; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Vilar-Alaxe, S.A.T. nº 938 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en Prevesos 1-Castro de Rey (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 31.000.000 de ptas.; nº de socios: 4.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Monte Grande de Vimianzo, S.A.T. nº 745 XUGA, na asemblea xeral do 6-4-1996, acorda aprobar por unanimidade a modificación do artigo 1º dos estatutos sociais quedando o obxecto social como segue: levar a termo a concentración parcelaria dos predios rústicos propiedade dos socios e que están incluídos no perímetro que no seu día se acordou e posta en uso delas, así como a disposición e/ou xestión e/ou explotación dos predios da concentración parcelaria privada Monte Grande de Vimianzo-Santiso nº 1 do polígono 1; nº 2 do polígono 2; nº 14 e 15 do polígono 3; nº 27 e 30 do polígono 4; nº 38 do polígono 5; nº 43 do polígono 6; nº 47 do polígono 7; nº 49 e 50 do polígono 8; nº 53 do polígono 9; nº 74 e 76 do polígono 14; nº 89 do polígono 17, que foron destinados por vontade da S.A.T. a usos colectivos.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

6673