Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/11-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: C.T. de 400 kVA en Ponte do Sar.

Situación: Santiago de Compostela.

Descripcións técnicas: centro de transformación en caseta prefabricada formigón en r/ Ponte do Ser, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, alimentado por tramo de liña subterranea de 30 m de lonxitude, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 de 3(1x150) mm Al, que entronca na liña

de dobre circuíto denominada de circunvalación a Santiago de Compostela (expediente 15513). Concello de Santiago de Compostela.

Cumprindo-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 7 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

6780