Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.647

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 10 de setembro de 1996, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995, polo que se convocan os aspirantes que superaron o primeiro exercicio.

O apartado 7 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que unha vez comezadas as probas, o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para faci

lita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada o seu comezo.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría do grupo técnico da función administrativa sobre a data e lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade a este no Diario Oficial de Galicia ademais dos lugares previstos na convocatoria.

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do segundo exercicio da dita fase, ás 9 horas do día 5 de outubro de 1996, na Escola Galega de Administración Pública, (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente de documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Presidente do Tribunal

6450