Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.633

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da Fundación para la Formación y el Empleo Forem Galicia.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da Fundación para la Formación y el Empleo Forem Galicia, que se subscribiu coa data do 12-6-1996, entre a representación da fundación e a federación de ensino de CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de orem Galicia

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

Os acordos contidos no presente convenio colectivo terán forza normativa e serán aplicables a tódolos centros de traballo establecidos ou que se establezan pola Fundación para la Formación y el Empleo ou no nome dela para o desenvolvemento das funcións profesionais de programación, avaliación, formación, xestión, administración e servicios xerais.

Queda excluído o persoal voluntario integrado en Forem para a realización de actividades profesionais, o cal se rexerá polas súas condicións de incorporación, que serán obxecto de regulación xeral no acordo específico da Comisión de Interpretación, Vixilancia e Estudio (CIVE) presente no convenio. Só poderán ser retribuídos polos gastos ocasionados no desenvolvemento da actividade.

O seu contido poderá mellorarse segundo as especificacións, permanecendo o presente convenio como dereito de obrigado cumprimento.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio será aplicable para tódolos traballadores e traballadoras vinculados á fundación por un contrato de traballo.

Queda excluído do disposto no parágrafo anterior o persoal directivo (dirección e subdireccións) que pola relación de confianza e provistos de poderes, asuma a responsabilidade executiva da fundación, dirixa e coordine o traballo ó seu cargo no ámbito de Galicia.

Artigo 3º.-Normativa aplicable e supletoria.

Tódalas materias que son obxecto de regulación no presente convenio substitúen as disposicións pactadas con anterioridade. No non previsto, o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normas legais e regulamentadas que conformen a lexislación vixente, sen que en ningún caso ningún traballador ou traballadora poida verse prexudicado.

Non obstante, todos aqueles conceptos retributivos que se viñesen percibindo e que non aparezan recollidos no presente convenio, respectaranse como complemento persoal transitorio que será absorbido polos incrementos retributivos derivados de futuras revisións salariais.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo entende que a súa vixencia será desde o día 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro do mesmo ano, prorrogándose nos termos do artigo seguinte.

Artigo 5º.-Prórroga, denuncia e revisión.

O presente convenio prorrogarase no momento do seu vencemento en tódolos seus termos por períodos anuais, no caso de non mediar denuncia no prazo.

Calquera das partes poderá denuncia-lo convenio cun mínimo de 30 días naturais de antelación ó seu remate, fixándose nesta denuncia a data de inicio de renegociación do novo convenio.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas constitúen un todo orgánico indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Artigo 7º.-Comisión de interpretación, vixilancia e estudio do convenio (CIVE).

Constitúese unha comisión paritaria composta por representantes dos traballadores e traballadoras da fundación designados pola representación legal de cada unha das partes asinantes, para resolve-las cuestións que deriven da interpretación ou aplicación del.

Xuntarase a pedimento de calquera das partes mediante convocatoria expresa comunicada cun mínimo de dez días de antelación, salvo razón de urxencia acordada por ámbalas dúas partes e con indicación dos asuntos que se van tratar.

Os acordos que adopte a comisión terán forza vinculante para ámbalas dúas partes.

Artigo 8º.-Participación sindical na organización do traballo.

Co fin de fomenta-la participación na organización do traballo, garantirase a información previa

e negociación de tódolos temas relacionados con el, como:

-Modificación da xornada.

-Mobilidade funcional e modificación do posto de traballo.

-Formación profesional.

-Reclasificación profesional.

-Implantación de quendas.

-Xornadas especiais.

-Selección de persoal.

Capítulo II

Clasificación profesional

Artigo 9º.-Clasificación profesional.

Todo o persoal laboral da fundación estará definido, polas súas funcións, en grupos, categorías básicas e áreas funcionais obxecto de negociación no anexo I.

Os grupos e categorías básicas serán os seguintes:

-Grupo I.

Técnico/a superior.

Técnico/a.

-Grupo II.

Xefe/a administrativo.

Oficial primeira.

Oficial segunda.

Auxiliar administrativo.

-Grupo III.

Operario.

-Grupo IV.

Formador.

A categoría profesional corresponderase cun ou varios postos de traballo que se definirán funcional e economicamente, respectándose sempre os mínimos establecidos por categorías de acordo co establecido no artigo 23º do presente convenio.

Capítulo III

Contratación

Artigo 10º.-Tipos de contratación.

Entenderase por cadro de traballadores e traballadoras da fundación o conxunto de postos de traballo necesario para o desenvolvemento das funcións de xestión técnica e administrativa dos proxectos básicos (FIP e programación intersectorial). Antes da finalización da vixencia deste convenio Forem determinará a estructura fixa do persoal trala negociación previa coa representación sindical.

Os traballadores e traballadoras que ocupen un posto no cadro con 12 meses ininterrompidos de servicios na fundación, pasarán á situación de fixos. Para os efectos de establece-lo cómputo dos 12 meses, tomarase a data de referencia do 1 de xaneiro de 1996, con independencia da data de formalización dos respectivos contratos.

Cando se asinen contratos de duración determinada baixo a supervisión da representación dos traballadores e traballadoras, realizaranse atendendo ós seguintes criterios:

a) Cando se trate de substituí-los traballadores e traballadoras con dereito a reserva do posto de traballo, sempre que no novo contrato se especifique o nome da persoa substituída e a causa da substitución.

b) As baixas e/ou postos de nova creación serán cubertos atendendo ós criterios expostos nos artigos 14º e 15º do presente convenio colectivo.

c) Durante a vixencia deste convenio, a utilización das formas de contratación previstas no Real decreto lei 18/1983 e Real decreto 2317/1993 (contratos en prácticas e aprendizaxe) realizaranse como instrumento efectivo de formación para a inserción no mercado de traballo, tralo acordo previo coa representación sindical. As condicións salariais e sociais dos ditos traballadores e traballadoras adaptaranse ó establecido para iguais categorías e postos no presente convenio. Para os contratos de aprendizaxe establécese como idade tope os 20 anos. Exclúese a modalidade de contratación a tempo parcial con xornada inferior a doce horas semanais ou corenta e oito horas mensuais.

Non obstante, para alumnos e alumnas de escolas obradoiros e similares, a modalidade contractual que se utilizará será a que establece para estes efectos a normativa vixente.

Artigo 11º.-Forma de contratación e períodos de proba.

A contratación de traballadores e traballadoras axustarase ás normas legais xerais sobre a contratación e ás específicas que figuren no presente convenio, comprometéndose a fundación á utilización dos distintos modelos de contratación previstos na lei, de acordo coa finalidade e natureza de cada un dos contratos. A contratación de persoal farase sempre por escrito. En ningún caso terá preferencia a contratación mercantil fronte á laboral.

Tendo en conta que existen traballos ou actividades que pola súa propia natureza non teñen carácter permanente ou indefinido, pódense utiliza-los tipos ou modalidades contractuais que a lexislación considere para os ditos casos como:

1. Contrato de obra ou servicio, cando se trate de realizar unha obra ou servicio determinado -con autonomía ou substantividade propia- dentro da actividade ou actividades que desenvolva a fundación e cando a execución sexa limitada no tempo e a duración incerta, pero sempre inferior ó ano.

2. Contrato de interinidade ou substitución, naqueles supostos en que sexa necesario substituír traballadores ou traballadoras da fundación con dereito á reserva do posto de traballo.

3. Excepcionalmente e tralo acordo previo co comité de empresa ou coa representación legal dos traballadores e traballadoras poderán realizarse contratos eventuais por circunstancias da produc

ción naquelas situacións específicas en que se produza unha forte acumulación de tarefas ou actividades.

4. Contrato a tempo parcial, naqueles supostos nos que se deba prestar servicio por un número de horas, días ou meses inferior ó que se considera habitual na fundación.

Para contratacións temporais de duración igual ou inferior ó ano, establécese un período de proba igual a 15 días naturais para os traballadores e traballadoras non titulados e de dous meses para os titulados. Para contratos de duración superior a un ano, os períodos de proba serán de dous meses para os non titulados e de seis para os titulados.

En todo caso, os contratos de formadores e formadoras tomarán a forma de contrato por obra ou servicio.

Artigo 12º.-Cesamentos.

A resolución da relación laboral preavisarase cun mínimo de 15 días naturais, sexa cal sexa a modalidade contractual utilizada, coa excepción dos contratos de substitución ou aqueles de obra ou servicio cando a súa duración sexa inferior ó período de preaviso.

Por cada día de falta de preaviso por parte da fundación, esta aboará un día de salario bruto ó traballador ou traballadora

Capítulo IV

Promoción no traballo

Artigo 13º.-Comunicación da contratación a comités de empresa ou delegados e delegadas de persoal.

As partes comprométense a cumpri-lo previsto na normativa legal vixente en todo o relativo ós dereitos de información da representación dos traballadores e traballadoras en materia de contratación. A fundación informará ós comités de empresa ou ós delegados e delegadas de persoal das vacantes e/ou postos de nova creación, do perfil aplicable ós candidatos e candidatas, da categoría e da retribución salarial.

Artigo 14º.-Selección e contratación do persoal.

A CIVE establecerá os criterios de selección e contratación do persoal. A dita comisión estará formada por representantes dos traballadores e traballadoras e mais da fundación.

A fundación valorará especialmente os servicios profesionais previos prestados nela e a duración daqueles, nas seleccións destinadas a cubrir novos postos de traballo de acordo co disposto no artigo seguinte.

Nas seleccións destinadas a cubrir postos de formadores e formadoras, estes serán cubertos preferentemente polos traballadores e traballadoras con servicios previos na fundación, valorándose o tempo efectivo de traballo, sempre que reúnan os requisitos de calidade, capacidade e adecuación ó posto para o que son requiridos, no marco da ofert

non se convocando as mesmas. Así mesmo, nestas contratacións consideraranse superados os períodos de proba que correspondan cando os formadores ou formadoras xa prestaran á fundación servicios previos equivalentes. A non selección de candidatos e candidatas que reúnan os requisitos anteriores e os do perfil definido pola fundación deberá ser motivada.

A CIVE asegurará que os procesos de selección se desenvolvan con criterios de profesionalidade e non discriminación, resolvendo, de se-lo caso, o que proceda.

Para estes efectos, a fundación creará un ficheiro de formadores e formadoras no que se incluirán datos básicos de experiencia, capacitación e servicios profesionais previos, que conteñen, funcionamento e criterios de xestión desenvolveranse a través da CIVE.

Artigo 15º.-Promoción do traballador e da traballadora na fundación.

Antes de cubrir un posto de traballo (non declarado a extingui-lo suxeito á incorporación do seu titular) co persoal de novo ingreso, daráselle-la oportunidade de promocionarse ós traballadores e traballadoras con servicios previos de dous anos na fundación, mediante convocatoria restrinxida para este persoal. Non obstante e de acordo coa representación sindical, poderá unificarse esta convocatoria restrinxida coa oferta pública correspondente na que, en todo caso, se valorarán especialmente os servicios previos.

A promoción ás vacantes ou ós novos postos producirase tendo en conta a formación, antigüidade, capacidade e titulación.

Artigo 16º.-Traballos de superior e inferior categoría.

A fundación, polo tempo mínimo imprescindible e cando así o esixan as necesidades do servicio, poderá encomendar ós seus traballadores e traballadoras o desempeño de funcións correspondentes a unha categoría profesional superior por un período máximo de catro meses durante un ano ou de oito meses durante dous anos.

Cando desempeñe traballos de categoría superior, o traballador ou traballadora terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a correspondente á función que efectivamente realice.

O mero desempeño de funcións correspondentes a unha categoría superior nunca consolidará o salario nin a dita categoría. Para os efectos previstos no artigo 39 do Estatuto dos traballadores, o único procedemento válido para consolidar unha categoría superior ou modificala será o concurso de ascenso establecido no presente convenio.

Se por necesidades perentorias imprevisibles a fundación precisara destinar un traballador ou traballadora para as tarefas correspondentes a unha categoría inferior á asignada, só poderá facelo por

categoría e comunicándollo á representación legal dos traballadores e traballadoras.

Capítulo V

Xornada, calendario, horario, vacacións, permisos e excedencias

Artigo 17º.-Xornada laboral e horario.

A xornada laboral anual será de 1.700 horas, sendo a mesma de 37 horas semanais de traballo efectivo, con carácter ordinario, de luns a venres.

Dentro da xornada máxima anterior establécese, para o persoal integrado na categoría de formador e formadora, un máximo de 25 horas lectivas semanais. Con carácter excepcional, cando sexa necesario modifica-lo máximo semanal lectivo (25 horas) efectuarase trala consulta previa á representación sindical.

Nos contratos a tempo parcial para o dito persoal, manterase a proporción anterior entre as horas lectivas efectivas e o resto das súas obrigas profesionais

No suposto de que a xornada laboral ininterrompida alcance ou supere as cinco horas dentro da xornada laboral establecida, gozarase de vinte minutos de descanso.

Naqueles postos nos que a organización do traballo esixa un ciclo superior ó normal, o horario da xornada laboral ordinaria poderá computarse, despois da negociación cos e coas representantes dos traballadores e das traballadoras, en ciclos superiores ó semanal para posibilita-lo normal funcionamento dos servicios.

O horario de traballo será negociado para cada un dos centros de traballo da fundación.

Poderase pactar unha xornada continuada de 35 horas semanais durante os períodos de menor actividade.

Artigo 18º.-Calendario.

En tódolos centros de traballo e trala negociación previa coa representación legal dos traballadores e traballadoras confeccionarase, dentro dos 15 días naturais seguintes á publicación oficial do calendario laboral correspondente á Comunidade Autónoma, o calendario laboral no que se recollerán as festas retribuídas e non recuperables aprobadas no Consello de Ministros a nivel nacional, así como as de carácter autonómico e local admitidas pola lei.

Artigo 19º.-Vacacións.

Os traballadores e as traballadoras dispoñerán dunhas vacacións retribuídas de 23 días laborais, excluídos os sábados, domingos e festivos, que se poderán gozar dunha soa vez ou nun máximo de dous períodos; neste caso un deles incluirá once días laborais e outro doce. Un destes bloques haberá necesariamente de gozarse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Por causa xustificada poderase partir en tres bloques, gozando un deles no período

anterior. No caso de coincidencia xeral nas mesmas datas, a fundación poderá, coa participación sindical correspondente, redistribuí-las vacacións.

As vacacións anuais gozaranse sen que en ningún caso poidan ser compensadas economicamente. Só o traballador ou traballadora poderá decidir apraza-la totalidade ou parte delas fóra do ano natural, debendo solicita-la autorización á fundación.

Os contratos do persoal formador incluirán no seu ámbito temporal o correspondente ó gozo da parte proporcional de vacacións.

Artigo 20º.-Permisos retribuídos.

Os traballadores e traballadoras da fundación, trala notificación, terán dereito a permisos retribuídos polas seguintes causas:

-Tres días naturais en caso de falecemento ou enfermidade grave de calquera familiar ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.

-Polo sometemento a técnicas de fecundación asistida ante a infertilidade da parella, polos períodos necesarios para isto.

-Por asistencia a ximnasia de preparación ó parto.

-Tres días laborais por parto da esposa ou compañeira.

-Un día natural no caso de casamento dos fillos ou fillas, irmáns ou irmás ou pais. Non se computarán os días de viaxe no suposto de que a voda se celebre nunha localidade distinta ó domicilio do traballador ou traballadora.

-Por lactación dun fillo ou filla menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia no traballo, que elixirá o traballador ou traballadora durante a xornada laboral, ó inicio ou remate da xornada ou fraccionándoa en dúas partes.

-Polo tempo necesario nos casos de consulta médica, debendo achega-lo correspondente xustificante, de se-lo caso, por acompañamento non habitual dun fillo ou filla á consulta médica.

-Un día por mudanza e dous días se esta se produce fóra da praza.

-15 días naturais no caso de matrimonio ou inicio de convivencia equivalente, entre persoas do mesmo ou distinto sexo. Nesta última, a fundación e a representación dos traballadores e traballadoras decidirán a forma de verifica-la convivencia.

-Os traballadores e traballadoras afectados por toxicomanía e/ou alcoholemia terán un permiso retribuído polo tempo que requira segui-lo seu tratamento prescrito, sempre no caso de que non lle sexa recoñecida a ILT e sempre que faga efectivo o compromiso de incorporarse a programas de deshabituación.

-Para a realización de xestións particulares, así como para o gozo de posibles pontes e permisos, establécense seis días retribuídos ó ano ademais dos previstos para vacacións, de libre elección polo traballador ou traballadora. O seu gozo non impedirá garanti-la xornada anual de 1.700 horas.

Artigo 21º.-Permisos non retribuídos.

En casos excepcionais e por motivos xustificados, poderase solicitar permiso non retribuído por un período inferior a seis meses. Solicitarase por parte do traballador ou traballadora con 15 días naturais de antelación. O dito permiso será concedido ou denegado pola fundación, despois dunha audiencia preceptiva dos representantes e das representantes dos traballadores e das traballadoras.

En caso de enfermidade grave ou dilatada dun fillo ou filla dispoñerase dos días necesarios de permiso sen soldo, debendo xustifica-las ausencias ó traballo.

Artigo 22º.-Excedencias.

A petición de excedencia tramitarase por escrito á fundación co tempo necesario para resolve-lo que proceda.

a) Voluntaria. Tódolos asalariados da fundación que teñan máis dun ano de antigüidade, poderán solicitar unha excedencia na que a duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a cinco anos. A dita excedencia entenderase sempre concedida sen dereito a percibir retribución ningunha e sen que no período de excedencia compute para ningún efecto.

O dereito de excedencia só poderá volver ser gozado polo mesmo traballador ou traballadora se transcorreron tres anos desde o final da anterior excedencia.

A petición de reingreso dará lugar ó dereito a ocupa-la primeira vacante de idéntica categoría que se xere.

b) Forzosa. Pasarase á situación de excedencia forzosa, que implicará o reingreso automático no posto de traballo anterior á súa concesión, polas seguintes causas:

-Servicio militar ou prestación social substitutoria. Non obstante, os traballadores que se encontren cumprindo a prestación social substitutoria ou o servicio militar, non pasarán á situación de excedencia forzosa cando poidan compaxina-lo horario de traballo coa prestación do servicio. Neste caso facilitaráselle ó traballador a adecuación ou modificación da xornada de traballo. En calquera dos casos, non superará a media xornada. Se o traballador non puidese compaxina-lo horario de traballo coa prestación do servicio pasará á situación de excedencia forzosa.

-Nomeamento por cargo público (nesta designación é necesaria a publicación en diario oficial), sindical (de ámbito provincial ou superior) ou político (de ámbito provincial ou neste caso requíerense procesos electorais regulamentados por lei).

c) Especial. Por solicitude do traballador ou traballadora, e cos mesmos efectos da excedencia forzosa, polos seguintes motivos:

-Para atende-lo coidado dos fillos e/ou fillas. Esta excedencia só poderá ser utilizada polo pai ou a nai pero non por ámbolos dous, e por un período máximo de tres anos.

A notificación de cesaren as causas que motivaron a concesión da excedencia forzosa, deberá realizala o traballador ou traballadora á fundación dentro dos trinta días seguintes a aquel en que se dea esta circunstancia. De non se producir esta notificación, a fundación declarará o traballador ou traballadora en situación de excedencia voluntaria de acordo co parágrafo anterior.

Capítulo VI

Retribucións

Artigo 23º.-Retribucións.

Os traballadores ou traballadoras serán retribuídos por todos ou algún dos seguintes conceptos: salario por categoría, complemento de posto e compensación por xornadas especiais.

O salario correspondente á categoría de formador e formadora determinarase en función do valor da hora lectiva efectiva determinado para cada programación por Forem, trala negociación cos representantes dos traballadores ou traballadoras. No anexo II fíxanse os salarios do persoal formador en función das programacións.

O salario mensual de cada categoría será o que figura na táboa salarial e incorpórase como anexo II.

Os atrasos que poidan corresponder como consecuencia da aplicación do establecido no presente convenio, faranse efectivos antes do 15 de agosto de 1996.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias, cada unha delas correspondente a unha mensualidade de salario en verán e nadal, que se pagarán nos meses de xuño e decembro entre os días 15 e 20 do mes no que comeza a aplicarse e en proporción ó tempo traballado no semestre natural inmediatamente anterior ó seu vencemento.

Para os traballadores e traballadoras do grupo IV, as ditas pagas considéranse incluídas no mecanismo regulamentado no artigo 23º do presente convenio.

Todo traballador e traballadora terá dereito, se así o solicita por escrito á dirección da fundación, a percibi-las pagas extraordinarias de forma rateada.

Artigo 25º.-Axudas de custo.

Cando por necesidade do servicio un traballador ou traballadora teña que se desprazar fóra do seu centro de traballo habitual, Forem aboaralle os gastos que esta necesidade ocasionara.

Durante a vixencia do presente convenio establécense as seguintes axudas de custo:

-Quilometraxe: 26 ptas./km.

-Xantar: 1.500 ptas.

-Cea: 1.300 ptas.

-Aloxamento: 4.500 ptas.

A percepción das axudas de custo por manutención non será compatible cos ingresos polo mesmo concepto ou por aqueles nos que o gasto efectivo

se produza con cargo a terceiros. As mesmas deberán acreditarse documentalmente, salvo motivo xustificado e admitido pola fundación.

Se por motivos de traballo houbese que realizar desprazamentos en períodos de descanso e/ou festivos, compensarase de acordo co artigo seguinte, salvo que a súa realización sexa parte esencial e xornada establecida no contrato correspondente.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

Con carácter xeral quedan suprimidas as horas extraordinarias. Cando por circunstancias excepcionais se faga necesario a súa utilización terase en conta a normativa existente para o efecto.

A prestación de traballo en horas extraordinarias e a súa forma de compensación será voluntaria, e compensarase en tempo e xornadas diarias completas. As horas extraordinarias que excepcionalmente puidesen efectuarse compensaranse polo tempo equivalente de descanso retribuído, incrementando nun 75%.

A realización de horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizaranse mensualmente, entregando copia do resumo ó traballador ou traballadora no parte correspondente.

Artigo 27º.-Compensación por nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade que será fixo na súa contía e mensual na súa percepción para aqueles postos de traballo que, total ou parcialmente, desenvolven a súa xornada de traballo en período nocturno.

Para a súa determinación tomarase como referencia o seguinte criterio: as horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada, como mínimo, nun 25% sobre o salario base.

Artigo 28º.-Liquidacións.

Toda comunicación de cesamento ou preaviso deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación, salvo que o preaviso ou comunicación a realice o traballador ou traballadora.

O traballador ou traballadora, se así o desexa, poderá estar asistido por unha persoa representante dos traballadores e traballadoras no acto de asina-la liquidación.

Unha vez asinado polo traballador ou traballadora, o recibo da liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

Artigo 29º.-Revisión salarial anual.

Durante a vixencia deste convenio, o día primeiro de xaneiro de cada ano a fundación incrementará a táboa salarial dos traballadores e traballadoras integrados nos grupos I, II e III do cadro de categorías do artigo 9º deste texto, cunha subida a conta que garanta o mantemento do poder adquisitivo.

Unha vez coñecido o IPC de 1996, se este resultase superior ó 3,5%, procederase á aplicación da diferencia e a súa contía aboarase nunha soa paga antes do 31 de marzo de 1997.

Capítulo VII

Garantías sociais

Artigo 30º.-Complementos de enfermidade ou accidente.

A fundación complementará as prestacións por ILT, enfermidade común ou accidente, en tanto o traballador ou traballadora manteña esta situación, ata o 100% do seu salario real.

Artigo 31º.-Protección á maternidade no traballo.

Durante o período de xestación e lactación as traballadoras poderán solicita-lo cambio de posto de traballo, cando a tarefa que realice poida prexudica-la saúde da nai ou do feto, sen mingua de retribución, categoría ou de dereito á reincorporación posterior ó seu posto de traballo.

Artigo 32º.-Revisións médicas.

Tódolos traballadores e traballadoras da fundación terán dereito a unha revisión médica anual, incluída a xinecolóxica, de acordo coa representación dos traballadores e traballadoras da fundación. Faranse probas específicas e adaptadas ós factores de risco do posto de traballo.

Aqueles traballadores e traballadoras que realicen a súa xornada de traballo diante de pantallas de visualización de datos, terán dereito a unha revisión médica ou ó tempo correspondente para asistiren ó especialista.

Facilitaráselle ó traballador ou traballadora copia intelixible do recoñecemento médico. En todo caso, o informe clínico pertence á esfera íntima da persoa traballadora e, como tal, debe ser protexido.

Artigo 33º.-Seguro colectivo.

A fundación concertará unha póliza de seguro que cubra os riscos de morte, invalidez e responsabilidade civil para os traballadores e traballadoras mentres presten os seus servicios nela. A contía e concreción establecerase pola CIVE con anterioridade ó 31 de xullo de 1996. Unha vez estudiado o seu impacto económico acordaranse, se é o caso, os calendarios de implantación.

Artigo 34º.-Anticipos de salario e préstamos.

Toda persoa asalariada poderá solicita-lo anticipo de calquera das pagas extraordinarias, ata o 90% do percibible, independentemente de que se estea gozando ou non nese momento dalgún préstamo.

Na fundación establecerase e dotarase economicamente un fondo para anticipos e préstamos.

Os traballadores e traballadoras da fundación poderán solicitar anticipos a conta do salario por un valor de ata o 75% do neto que se vai percibir. Nos acordos de concesión estableceranse os prazos de devolución, asegurándose o seu reintegro completo con anterioridade ó remate, chegado o caso, do contrato.

Igualmente, poderán solicitar préstamos. O seu réxime será idéntico ó anterior. A cantidade máxima en concepto de préstamo que poderá solicitar cada traballador e traballadora será de 200.000 ptas. e o prazo de amortización non poderá ser superior a 20 meses.

Artigo 35º.-Formación.

Establecerase un plan de formación negociado e pactado coa representación sindical que incorporará, de se-lo caso, as adaptacións de xornada necesarias para a realización destes cursos. O dito plan será de revisión anual.

Estableceranse sistemas de avaliación e control das accións formativas pactadas coa representación sindical.

Garantirase a aplicación do artigo 13 do acordo nacional de formación sobre permisos individuais.

Con independencia do plano de formación fundacional, o traballador e traballadora terá dereito á formación individual respectándose os seguintes termos:

-Permiso retribuído polo tempo imprescindible para a asistencia a exames de titulacións oficiais ou non, relacionadas coa súa promoción profesional ou persoal. Este punto valorarase cando proceda, conxuntamente coa representación sindical. En todo caso será necesario achegar documento xustificativo.

-Adaptación e/ou reducción da xornada cando a organización do traballo o permita.

-Para facilita-la realización de estudios que dean lugar a titulacións recoñecidas oficialmente ou equivalentes, a fundación dotará a cada ámbito territorial dun fondo de bolsas de estudios que financiará ata un máximo do 50% do custo de matriculación. O seu réxime axustarase ó disposto no artigo seguinte.

-Poderanse solicitar permisos non remunerados por motivos académicos, que deberán acreditarse, e seralle concedido por un tempo non superior a un mes sempre que a organización do traballo llo permita.

Artigo 36º.-Concesión de bolsas de estudios.

A concesión de bolsas e a determinación da súa contía, así como o estudio das reclamacións que poidan realizar os afectados pola aplicación deste regulamento, serán funcións que desempeñará exclusivamente a CIVE. A solicitude da bolsa presentarase na CIVE cun mes de antelación ó comezo da actividade, podendo ser aceptadas se do fondo asignado para este fin quedan recursos.

A comisión xuntarase a comezos do mes de outubro para valora-las solicitudes e subliñar aquelas que sexan aceptadas.

Poderán beneficiarse destas axudas tódolos traballadores e traballadoras da fundación sen ningún tipo de condición.

Serán custeados os estudios seguintes: ensino medio, formación profesional, universitaria, técnica e calquera outra disciplina docente que estea recoñecida oficialmente, con preferencia no ensino público; cando a dita ensinanza sexa imposible realizala en institucións públicas, será a comisión quen valorará a oportunidade de concesión da bolsa.

Os gastos anuais debidamente xustificados que ocasione a ensinanza dos traballadores e traballadoras discapacitados serán especialmente atendidos, sempre que esa condición sexa recoñecida pola Seguridade Social ou por outras institucións dedicadas especialmente a iso.

O pagamento da bolsa estará suxeito á presentación de matrícula ou documento acreditativo.

A cada materia só se lle pode conceder unha bolsa dous anos consecutivos, salvo causa xustificada de forza maior.

Artigo 37º.-Traballadores e traballadoras discapacitados.

Entenderase por traballador ou traballadora discapacitado aquelas persoas nas que as súas posibilidades de integración educativa, laboral ou social se atopen diminuídas nun grao igual ou superior ó 33%, de carácter conxénito ou non, nas súas capacidades físicas, psíquicas ou sensoriais.

A fundación terá nas novas contratacións para empregar un número de traballadores e traballadoras discapacitados non inferior ó 5% do cadro de persoal, entre os que se atopan inscritos como tales no correspondente rexistro de traballadores e traballadoras discapacitados da oficina de emprego.

Non poderán considerarse dentro da cota de reserva aqueles traballadores e traballadoras que adquiran unha discapacidade como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional ou accidente e enfermidade común, que estiveran prestando os seus servicios para a fundación.

A fundación conservará o nivel salarial e profesional dos diminuídos que pasen a ter tal consideración despois dun accidente de traballo, enfermidade ou accidente non laboral, sobrevindo despois do seu ingreso na fundación.

Nesta circunstancia a fundación estará obrigada a adapta-lo posto de traballo ás novas condicións físicas, psíquicas ou sensoriais do traballador ou traballadora, en función da súa discapacidade.

Cando os equipos profesionais consideren que coa adaptación non se pode levar a cabo daráselle ó traballador ou traballadora un posto de traballo compatible coa súa minusvalidez. O traballador ou traballadora poderá optar entre que se lle pague o salario que lle corresponda ó novo posto de traballo ou que se lle manteña o que en cada momento sexa asignado á categoría e posto de traballo anterior.

Para poder concorrer ás probas de acceso a prazas reservadas para discapacitados e discapacitadas, acreditaranse mediante certificado emitido polos servicio público competente, as capacidades residuais laborais da persoa interesada, así como as

adaptacións necesarias para a realización das probas de selección se iso fose necesario, para garanti-la equidade da súa realización.

A CIVE establecerá a relación dos postos de traballo que deban destinarse preferentemente ós discapacitados e discapacitadas e os que se lles reserven con preferencia absoluta.

Os traballadores e traballadoras discapacitados poderán realizar unha xornada de traballo inferior á que se establece no presente convenio a pedimento da persoa interesada. A súa duración adecuarase ás súas condicións físicas, psíquicas ou sensoriais e a remuneración será proporcional ó tempo de prestación dos seus servicios.

Capítulo VIII

Dereitos sindicais

Artigo 38º.-Dereitos sindicais.

Ámbalas partes están de acordo en que os traballadores e traballadoras deben gozar dos dereitos sindicais da maneira máis ampla posible e de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 39º.-Representantes sindicais.

Os e as representantes sindicais serán elixidos conforme a lexislación vixente.

Os e as representantes elixidos e que cesen a súa relación laboral coa fundación, seguirán sendo representantes legais na nova contratación, sempre que non fosen substituídos polos suplentes correspondentes.

Artigo 40º.-Comités de empresa e delegados e delegadas de persoal.

a) O número de membros de cada comité de empresa e, se é o caso, o número de delegados e delegadas de persoal, determinarase de acordo co establecido no artigo 66 do E.T. e na normativa vixente en cada momento para a elección dos órganos de representación dos traballadores e das traballadoras.

b) Ademais das que lles asigna o artigo 64 do E.T., ....

c) Os membros dos comités de empresa ou delegados e delegadas do persoal poderán expresar colexialmente con liberdade as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír información de interese laboral e social sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, comunicándollo á fundación.

Cada un dos membros do comité de empresa ou delegado e delegada de persoal dispoñerán dun crédito de horas mensuais retribuído para o exercicio das súas funcións de representación que será superior en cinco horas ó establecido no E.T.

Poderán acumularse os créditos de horas sindicais dos e das representantes incluídos neste artigo en

favor dun ou varios deles, ata o 15% das de cada un.

A fundación facilitará o espacio e os medios para exerce-lo labor de representación sindical.

Os traballadores e traballadoras terán dereito a tempos retribuídos para a realización de asembleas en tempo de traballo, logo de comunicación previa á fundación, ata un máximo de once horas anuais e co límite de catro diarias. Establécese igual dereito para os afiliados e afiliadas a seccións sindicais para a asistencia a asembleas convocadas por elas.

A fundación informará os e as representantes dos traballadores e traballadoras da actividade e a xestión en tódolos ámbitos. Para iso terán acceso á conta de resultados, ó balance e á memoria. Así mesmo, facilitaráselles copia dos e das representantes e balances da fundación anualmente.

Cando se celebren eleccións sindicais na fundación, consideraranse elixibles, segundo este convenio, todos aqueles traballadores e traballadoras maiores de dezaoito anos cunha antigüidade na empresa que sexa como mínimo de tres meses.

En cumprimento da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, informarase ós e ás representantes dos traballadores e das traballadoras en materia de contratacións.

Información de tódalas sancións ou amoestacións impostas independentemente do seu grao, anteriormente a facelas efectivas.

No caso de sanción a partir de falta grave, será preceptivo abrir expediente contradictorio, independentemente de que o traballador ou a traballadora sexa ou non representante dos traballadores e traballadoras.

Artigo 41º.-Seccións sindicais.

As seccións sindicais que obtiveran o 10% dos votos nas eleccións de comités de empresa dispoñerán dun delegado ou delegada sindical cando o número de afiliados e afiliadas sexa de 1 a 250 persoas traballadoras, non se admitindo a acumulación de horas sindicais por parte destes delegados e delegadas.

Os delegados e delegadas sindicais de centro que non formen parte do comité de empresa respectivo terán as mesmas garantías e dereitos cós recoñecidos para os membros dos comités de empresa e delegados de persoal.

Artigo 42º.-Participación sindical na fundación.

En aplicación do presente convenio recoñécese o dereito á participación dos traballadores e traballadoras na xestión fundacional. Ámbalas partes establecerán as condicións e órganos de goberno nos que se produce esta participación.

Artigo 43º.-Cota sindical.

A requirimento do traballador ou traballadora, a fundación descontará da nómina mensual da persoa o importe da cota sindical correspondente.

A petición será remitida polo traballador ou traballadora á dirección da fundación por medio dun escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto e a contía da cota, así como o número de conta corrente ou libreta da conta de aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade.

Capítulo IX

Faltas e sancións

Artigo 44º.-Faltas dos traballadores e traballadoras.

Considéranse faltas as accións ou omisións que supoñan incumprimento ou quebranto dos deberes laborais establecidos polas disposicións legais vixentes

As faltas clasificaranse en consideración á súa importancia, transcendencia e prexuízo, en leves, graves e moi graves.

Artigo 45º.-Faltas leves.

Teñen a consideración de faltas leves as seguintes:

-De dúas a catro faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen causa xustificada, nun período de trinta días naturais. Para estes efectos, os atrasos computaranse a partir dos primeiros vinte minutos, os cales serán recuperables ó final da xornada, desde o inicio oficial da xornada diaria efectiva.

-Non notificar no prazo de tres días a baixa por ILT, salvo que se demostre a imposibilidade de facelo.

-O abandono inxustificado do posto de traballo.

-Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

Artigo 46º.-Faltas graves.

Son faltas graves as seguintes:

-Máis de catro faltas de puntualidade non xustificadas nun período de trinta días naturais.

-Falta de dous días ó traballo sen xustificación nun período dun mes.

-Simula-la presencia doutro traballador ou traballadora valéndose da súa sinatura, ficha ou tarxeta de control.

-A simulación de enfermidade ou accidente.

-A neglixencia no traballo que afecte negativamente á marcha do servicio.

-A reincidencia en falta leve, dentro dun trimestre e sempre que a falta fora sancionada por escrito.

Artigo 47º.-Faltas moi graves.

Son faltas moi graves:

-A indisciplina ou desobediencia no traballo.

-O abuso de confianza ou deslealdade nas xestións encomendadas, incluído o uso indebido de información.

-Máis de sete faltas de puntualidade non xustificadas nun período de trinta días naturais, máis de quince en cento oitenta días e máis de vintecinco nun período dun ano.

-Faltar ó traballo tres días sen causa xustificada durante un período dun mes.

-A embriaguez habitual e/ou toxicomanía, cando repercuta negativamente no traballo, salvo o disposto no artigo 20º.

-Os malos tratos de palabra ou de obra ós subordinados e subordinadas, compañeiros e compañeiras ou superiores, no marco da relación laboral e/ou o acoso sexual.

-A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo.

-A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre.

Artigo 48º.-Sancións.

As sancións que proceda impoñer en cada caso polas faltas cometidas serán as seguintes:

-Por faltas leves:

a) amoestación verbal.

b) Amoestación por escrito.

-Por faltas graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de 1 a 15 días.

-Por faltas moi graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de 15 días a 2 meses.

b) Despedimento.

Artigo 49º.-Prescrición.

As faltas respecto ós traballadores e traballadoras prescribirán:

-As faltas leves ós 10 días.

-As faltas graves ós 20 días.

-As moi graves ós 60 días.

O prazo de prescrición iníciase desde o momento en que a fundación ten coñecemento da falta cometida e, en todo caso, ós seis meses de cometerse.

A apertura dun expediente sancionador interrompe a prescrición.

Disposición transitoria

A xuntanza da constitución da Cive convocarase nos quince días seguintes ó asinamento do convenio.

ANEXO I

Grupo IV.-Persoal formador.

É a categoría correspondente ó desempeño do posto de traballo da área funcional de formación que, de acordo coas instruccións recibidas, con responsabilidade e iniciativa, e sendo responsable do bo uso que se faga dos equipos, máquinas e ferramentas da súa aula ou obradoiro durante o tempo que se dean os cursos, desenvolve ás seguintes funcións:

-Deseña e avalía o proceso formativo do curso.

-Realiza a memoria do curso.

-Colabora na realización de función de titorías e orientación profesional cos seus alumnos e alumnas.

-Cobre a documentación administrativa inherente ó curso.

Grupo III.-Operario e operaria.

É a categoría correspondente ó desempeño de postos de traballo da área funcional de servicios xerais que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, requiren a realización de tarefas profesionais que non esixen unha formación ou cualificación específica, desenvolvendo as mesmas no marco de actuacións e rutinas preestablecidas: portería, vixilancia, limpeza e mantemento.

Grupo II.-Persoal auxiliar administrativo.

É a categoría correspondente ó desempeño do posto de traballo da área funcional de administración e xestión que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada de FPI ou equivalente e sen experiencia profesional, desenvolve tarefas de carácter administrativo no marco de procedementos preestablecidos, como:

-Recepción, clasificación, derivación e control de comunicacións teléfonicas.

-Rexistro, clasificación e arquivo de documentación.

-Manexo a nivel de usuario de paquetes ofimáticos estándar.

-Mecanización e mecanografado de documentos.

-Realización de operacións de cálculo non complexo.

-Atención, información e derivación, de se-lo caso, do público.

Se se crease o posto de traballo da categoría de oficiais segunda administrativo ou administrativa, os auxiliares administrativos ou administrativas, serán promovidos á citada categoría se tivese cumpridos 2 anos de servicio neste posto e posuísen os coñecementos profesionais establecidos no posto que está por ocupar.

Oficial 2ª administrativo e administrativa.

É a categoría correspondente ó desempeño do posto de traballo da área funcional de administración e xestión que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada de FPI ou equivalente, con experiencia profesional

contrastada, desenvolve con autonomía e iniciativa tarefas e procedementos de carácter administrativo no marco de procedementos preestablecidos, como:

-Recepción, clasificación, derivación e control de comunicacións telefónicas.

-Rexistro, clasificación e arquivo de documentación.

-Manexo a nivel usuario de paquetes ofimáticos estándar.

-Mecanización e mecanografado de documentos.

-Realización de operacións de cálculo non complexo.

-Atención, información e derivación, de se-lo caso, do público.

-Seguimento e control de procedementos administrativos.

Se se crease o posto de traballo da categoría de oficial 1º administrativo ou administrativa, os oficiais de 2ª administrativos ou administrativas serán promovidos á citada categoría se tivesen cumpridos 2 anos de servicio no posto e posuísen os coñecementos profesionais establecidos no posto que han ocupar.

Oficial 2ª (Servicios xerais).

É a categoría correspondente ó posto de traballo da área funcional de servicios xerais que, cunha titulación de FPI na rama específica do seu oficio ou equivalente, efectúa os traballos dun determinado oficio coa suficiente corrección e eficacia.

Oficial 1ª administrativo e administrativa.

É a categoría correspondente ó posto de traballo da área funcional de administración e xestión que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada de FP II ou equivalente, desenvolve e executa con autonomía e iniciativa as tarefas administrativas de carácter especializado (contabilidade, tesourería, arquivo, xestión administrativa de programacións, compras) podendo contar con persoal de apoio e proporcionando a mellora de procedementos e sistemas de xestión, como:

-Recepción, clasificación, derivación e control de comunicacións telefónicas.

-Rexistro, clasificación e arquivo de documentación.

-Mecanización e mecanografado de documentos.

-Realización de operacións de cálculo non complexo.

-Atención, información e derivación, de se-lo caso, do público.

-Seguimento e control de procedementos administrativos.

-Desenvolvemento das obrigas profesionais especializadas do posto de traballo correspondente

como: levar libros de contas, redacción de correspondencia con iniciativa propia, cobramentos e pagamentos sen sinatura, facturas e cálculo delas.

-Elaboración de informes básicos.

Oficial 1ª (Servicios xerais).

É a categoría correspondente ó desempeño dos postos de traballo da área funcional de servicios xerais que, en posesión do título de FP II na rama específica do seu oficio ou equivalente e posuíndo a práctica do seu oficio correspondente, realiza o seu traballo de tal maneira que non só lle permite levar a cabo os traballos da súa especialidade, utilizando máquinas, ferramentas e outros efectos necesarios chegado o caso.

Xefe administrativo e xefa administrativa.

É a categoría correspondente ó desempeño do posto de traballo da área funcional de administración e xestión que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada de FP II ou equivalente, organiza e coordina, con autonomía, responsabilidade e iniciativa, o traballo administrativo e ó persoal asignado ó mesmo, dun centro de xestión fundacional que, pola súa complexidade ou volume, require esta función, desenvolvendo conxuntamente co persoal ó seu cargo, as tarefas e funcións descritas para os postos destes e especialmente:

-Elaboración de informes básicos.

-Seguimento presupostario.

-Control e/ou xestión administrativa de RR.HH.

-Coordinación administrativa.

Xefe e xefa de servicios xerais.

É a categoría correspondente ó desempeño dos postos de traballo da área funcional de servicios xerais que, estando en posesión do título de FP II ou tendo unha formación práctica equivalente para o desempeño do posto de traballo, domina con total responsabilidade un conxunto de técnicas relacionadas coas funcións que ha desenvolver e que pola súa complexidade requiren unha capacidade profesional demostrada. Dirixe e supervisa o traballo do persoal ó seu cargo.

Grupo I.

Técnico.

É a categoría correspondente ó desempeño dos postos de traballo tipo, relativos ás áreas funcionais de xestión de proxectos e/ou administración, que se definen máis abaixo e que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada mínima de grao medio universitario ou equivalente, ou unha experiencia profesional de nivel superior contrastada, desenvolve, con autonomía, iniciativa e responsabilidade, funcións de xestión técnica e/ou administrativa de alto nivel, como:

-Elaboración de orzamentos por accións e/ou planos formativos.

-Xestión e seguimento orzamentario e/ou administrativo.

-Xestión e disposición dos recursos ambientais, materiais, informativos e profesionais asignados ós plans formativos, coa correspondente proposta de planificación.

-Participación nos procesos de selección dos alumnos e alumnas.

-Representación fundacional a nivel técnico nos ámbitos que lle asigne a dirección correspondente.

-Coordinación e/ou dirección dos proxectos que se lle encomenden.

-Coordinación e dirección do persoal ó seu cargo.

-Elaboración de informes de avaliación.

-Desenvolvemento das obrigas profesionais que son obxecto do posto.

Postos:

Técnico, técnica de xestión.

Coordinador territorial.

Coordinador de programa.

Coordinador de servicio.

Técnico superior.

É a categoría correspondente ó desempeño dos postos de traballo que esixen a posesión dunha titulación universitaria de nivel superior específica que, en consecuencia, se constitúe en requisito habilitante. No desempeño dos ditos postos desenvolve, con autonomía, iniciativa e responsabilidade, funcións de xestión técnica, como:

-Elaboración de orzamentos por accións e/ou plans formativos.

-Xestión e seguimento orzamentario e/ou administrativo.

-Xestión e disposición dos recursos ambientais, materiais informativos e profesionais asignados ós planos formativos, coa correspondente proposta de planificación.

-Participación nos procesos de selección de alumnos e alumnas.

-Asesoramento técnico e relacións coas organizacións clientas.

-Representación fundacional a nivel técnico nos ámbitos que lle asigne a dirección correspondente.

-Coordinación e/ou dirección dos proxectos que se lle encomenden.

-Coordinación e dirección do persoal ó seu cargo.

-Elaboración de informes de avaliación.

-Desenvolvemento dos cometidos profesionais que son obxecto do posto.

-Deseño de proxectos de investigación, elaboración de materiais e/ou planos de formación.

-Coordinación pedagóxica.

-Deseño de sistemas de avaliación.

-Dirección e coordinación de proxectos e/ou planos.

-Desenvolvemento dos cometidos específicos correspondentes a súa titulación profesional.

Postos:

Técnico de xestión.

Coordinador territorial.

Coordinador pedagóxico.

Coordinador de área, programa, proxecto ou servicio.

Coordinador territorial.

É o posto de traballo que poderán desempeñar de forma indistinta traballadores e traballadoras integrados nas categorías de persoal técnico ou persoal técnico superior e que implica o exercicio e capacidade de xestión e coordinación da totalidade dos recursos adscritos pola fundación ó ámbito territorial determinado, incluídas as catro áreas funcionais.

Polas necesidades organizativas as áreas poderán subdividirse en áreas territoriais menores.

Coordinador de área.

É o posto de traballo que poderán desempeñar de forma indistinta traballadores e traballadoras

integrados nas categorías de persoal técnico ou persoal técnico superior e que implica o exercicio e capacidade de xestión e coordinación da totalidade de recursos adscritos pola fundación ó ámbito territorial determinado incluídas ás catro áreas funcionais.

Polas necesidades organizativas, poderá subdividirse en áreas de servicio ou unidades menores.

ANEXO II

1. De conformidade co disposto no artigo 23º establécense para o ano 1996 as seguintes retribucións:

-Persoal técnico superior: 215.000.

-Persoal técnico: 190.000.

-Xefe de administración: 168.000.

-Oficial 1ª: 157.000.

-Oficial 2ª: 143.000.

-Persoal auxiliar administrativo: 117.000.

Operario: 98.798.

1. Nos distintos ámbitos de xestión determinaranse os complementos de posto que se acorden.

Con independencia da categoría poderanse establecer complementos por maior responsabilidade derivados da coordinación dun centro.

2. Para o persoal da categoría de formador e formadora establécese para as programacións do período de 1996 as establecidas no anexo III.

FIP 96

CódigoDenominaciónHorasCusto MobileCoste Esp.Retribuc. esp.

A Coruña

Ferrol

2185 CO0411

Fontaneiro58064.6091.809.0551.212.067
2074 AO0159Aplic. Inform. de oficinas30059.2581.125.895754.350
2181 CM0003Caldereiro tubeiro75044.3841.620.0031.085.402
2182 CM0003Caldereiro tubeiro75044.3841.620.0031.085.402
2180 AO0159Aplic. Inform. de oficinas30059.2581.125.895754.350
2187 DO8056Orientación educativa50099.4602.387.0491.599.323
2189 TE0111Vendedor de comercio ó detall30051.095970.814650.445
2188 FC0911Inst.Calefac.Radiad. con bomba de calor68063.3272.089.8001.400.166
4.160

Negreira

2211 LA0016Elaborador de queixos50074.9471.798.7171.205.140
500

Oleiros

2196 EL0011Técnico en electrónica xeral90064.6092.842.8001.904.676
2197 EL0711Aplicacións fibras ópticas500116.1622.787.8771.867.877
2200 OP0112Auxiliar práctico topografía45067.3091.447.145969.587
2193 DE0711Dao debuxo asistido por ordenador60048.0461.393.329933.530
2201 OP0112Auxiliar práctico topografía45067.3091.447.145969.587
2194 DE0711Dao debuxo asistido por ordenador60048.0461.393.329933.530
2198 EL0711Aplicacións fibras ópticas500116.1622.787.8771.867.877

CódigoDenominaciónHorasCusto MobileCoste Esp.Retribuc. esp.

2199 EN0111Celador institucións sanitarias20039.021481.256322.441
2195 EE0312Inslald. Eléctr. de edificios85065.9182.735.6051.832.855
5.050

Ribeira

2213 EN0111Celador Institucións sanitarias20039.021481.256322.441
2212 AO0156Aplicac. informáticas xestión30059.2581.125.895754.350
500

Sada

2191 IN0014Techardware microinformático80090.3393.523.2402.360.571
800

Santiago de Compostela

2203 AO0156Aplicac. informáticas xestión30059.2581.125.895754.350
2210 TS0451Estimulación precoz35057.1921.277.282855.779
2206 EN0651Auxiliar enfermería xeriátrica20050.482622.609417.148
2209 TE0111Vendedor de comercio ó detall30051.095970.814650.445
2205 DO8056Orientación educativa50099.4602.387.0491.599.323
2204 AO0156Aplicac. informáticas xestión30059.2581.125.895754.350
1.950
12.960

Lugo

Burela

2337 EN0351Auxiliar enfermería saúde mental24050.482757.227507.342
2338 EN0251Auxiliar enfermería Rehabilita.24049.439741.580496.858
480

Lugo

2319 HO0112Cociñeiro92072.0633.242.8492.172.709
2313 EL0711Aplicacións fibras ópticas500116.1622.787.8771.867.877
2315 EE0412Elect. Mantemento industrial95061.2092.846.2001.906.954
2321 EN0111Celador Institucións sanitarias20039.021481.256322.441
2324 TR0053Tco. Manipción. transporte M piel24060.137902.058604.379
2320 HO0111Axudante cociña78049.3281.874.4501.255.882
2326 TE0112Vendedor técnico35051.0951.141.132764.558
2318 HO0211Camareira de pisos31027.391538.691360.923
2322 EL0711Aplicacións fibras ópticas500116.1622.787.8771.867.877
2323 TR0053Tco. Manipción. transporte M piel24060.137902.058604.379
4.990

Monforte de Lemos

2330 EN0111Celador Institucións sanitarias20039.021481.256322.441
200

Sarria

EN0651Auxiliar enfermería xeriátrica20050.482622.609417.148
200

Viveiro

2331 CA0314Experto recuper. marxes ríos35036.996826.238553.579
2333 FC0253Inst. reparador Frig. autorizado26057.192934.132625.868
610

Xove

2339 EE0312Instald. Electric. de edificios85065.9182.735.6051.832.855
850
7.330

Ourense

2350 FC0911Inst.Calef. Radiad. con bomba de calor68063.2272.089.8001.400.166
2348 AO0159Aplic. Inform. de oficinas30059.2581.125.895754.350
2343 CO0458Inst. Gas Inst. Recep. comúns Ed.(IG-II)35049.4391.104.130739.767
2351 FC0911Inst.Calef. Radiad. con bomba de calor68063.2272.089.8001.400.166
2353 OP0112Auxiliar práctico topografía45067.3091.447.145969.587
2357 OP0112Auxiliar práctico topografía45067.3091.447.145969.587

CódigoDenominaciónHorasCusto MobileCoste Esp.Retribuc. esp.

2358 TE0112Vendedor técnico35051.0951.141.132764.558
2354 EN0111Celador Institucións sanitarias20039.021481.256322.441
2344 CO0457Inst. gas Inter. Vivend. (IG-1)30049.439939.334629.354
2352 EN0651Auxiliar enfermería xeriátrica20050.482622.609417.148
2349 AO0159Aplicac. Inform. de oficinas30059.2581.125.895754.350

4.260

4.260

Pontevedra

A Estrada

2391 FR0052Experto Tratam. flitosanitarios32049.4391.005.252673.519
320

Cangas

2389 AO0159Aplicac. Inform. de oficinas30059.2581.125.895754.350
2382 AO0159Aplicac. Inform. de oficinas30059.2581.125.895754.350
600

Pontevedra
2381 A00159Aplicac. Inform. de oficina30059.2581.125.895754.350
2382 A00159Aplicac. Inform. de oficina30059.2581.125.895754.350
600

Vigo

2364 CA0451Monitor educación ambiental30057.1921.086.643728.051
2374 EE0312Instald. Electr. de edificios85065.9182.735.6051.832.855
2377 EL0551Tco. Mant. automatas programables40095.3971.812.5381.214.400
2375 EE0252Cableador verificador cadros27548.457839.918562.745
2363 AO0159Aplicac. Inform. de oficinas30059.2581.125.895754.350
2362 AO0159Aplicac. Inform. de oficinas30059.2581.125.895754.350
2368 DE0711Dao debuxo asistido por ordenador60048.0461.393.329933.530
2369 CI0359Escalado Estud. Marcad. por Orde.20055.249681.399456.537
2376 MI0152Tec. Programac. asistida Cad-Cam42096.7061.934.1161.295.858
2365 CI0211Técnico en confección45079.0101.698.7191.138.142
2367 CI0353Patronista escalador28059.2581.046.885701.413
2370 DI0511Deseño industrial xeral50073.6651.767.9531.184.529
2380 CI0359Escalad. Estud. Marcad. por Orde.20055.249681.399456.537
2371 DI002Debuxo básico asistido ordenador30036.034684.653458.717
2366 CI0311Patronista de confección60068.6731.991.5091.334.311
5.975
7.495
32.045

9606720