Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 24 de setembro de 1996 Páx. 8.617

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (251/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de pobreza 251/1995, notifícaselle ó demandado a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de Primeira Instancia e Instrucción desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo de pobreza 251/1995, promovidos por Mª Rosa Guinea Guajardo Fajardo, como demandante, representada polo procurador Villar Trillo e dirixida pola avogada Fachado Fuentes, contra Joussef Renour N'Ser e letrado da Xunta, como demandado.

Decido que debo recoñecer e recoñézolle o dereito a litigar de balde a Mª Rosa Guinea Guajardo-Fajardo, con dereito ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de menor contía e tódalas súas incidencias, iso sen prexuízo do disposto no artigo 43 da LAC. Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación no acto da súa notificación ou dentro dos tres días seguintes.

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado Joussef Renour N'Ser, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o trinta de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9606158