Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 24 de setembro de 1996 Páx. 8.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de industrias de carpintería e ebanistería.

Visto o expediente do convenio colectivo de Industrias de Carpintería e Ebanistería que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 3-6-1996 subscirto en representación da parte económica Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería da Coruña, e, da parte social, por CC.OO e UGT o día 7-6-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro. Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo. Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro. Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo para as industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña

1996

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

O presente convenio é de ámbito provincial e aplícase ás empresas que, na provincia da Coruña, se dedican á actividade de carpintería e ebanistería.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Regulará as relacións laborais entre os traballadores e as empresas incluídas no seu ámbito territorial e funcional.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

Este convenio negóciase ó abeiro do convenio sectorial da madeira de ámbito estatal e vixencia de cinco anos, que servirá como norma complementaria no que nel non estea previsto. (Resolución do

22-4-1996 da Dirección Xeral de Traballo, publicada no BOE do 20-5-1996).

Artigo 4º.-Revisión económica.

As condicións económicas para 1997 e 1998 establécense segundo o previsto no convenio colectivo estatal da madeira, logo de reunión da comisión Negociadora. As revisións económicas dos anos 1999 e 2000 negociaranse no ámbito provincial entre as partes ó comezo dos anos citados.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga.

Esteblécese como día límite para a denuncia deste convenio o 31 de outubro do 2000.

Artigo 6º.-Garantía ad personam.

Respectaráselles a tódolos traballadores as situacións laborais actualmente consolidadas no seu conxunto en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio nas materias obxecto de regulación.

Artigo 7º.-Comisión mixta.

Para efectos de vixilancia e control de aplicación das normas contidas neste convenio, constitúese unha comisión mixta integrada por catro representantes por cada unha das partes.

Esta comisión mixta será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia da aplicación e cumprimento do presente convenio, coas seguintes funcións específicas:

-Interpretación auténtica do convenio.

-Arbitraxe dos asuntos que se lle sometan por acordo de ámbalas partes.

-Vixilancia do pactado.

-Seguimento da evolución das relacións das partes contratantes.

-Entender cantas cuestións tendan á maior eficacia da práctica do convenio.

-Os acordos adoptados serano pola maioría das partes e aqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma interpretada.

-A comisión mixta celebrará reunións cantas veces sexa necesario e logo de acordo das partes en canto a data, lugar e hora.

-Os vocais e suplentes serán designados entre as respectivas representacións megociadoras do convenio. Poderá utiliza-los servicios de asesores en materia da súa competencia.

-A parte social e económica conveñen en lle dar coñecemento á comisión mixta de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos se puidesen producir como consecuencia da interpretación do presente convenio colectivo.

Traballadores:

Jesús María Calvo Romero (UXT)

Celestino Pérez Vázquez (UXT)

Juan María García Blanco (CC.OO.)

Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.)

Empresarios:

Cándido Hermida Campos

Antonio de Castro Goyanes

Ramón Caramés Seoane

Jesús Rey Barral

Capítulo II

Artigo 8º.-Condicións económicas.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas que se unen como anexo e as que se regulan nos seguintes artigos.

Artigo 9º.-Recibos salariais.

As empresas entregaranlles ós traballadores os recibos correspondentes ós salarios mensuais, segundo modelo oficial ou outro debidamente homologado pola autoridade laboral.

As empresas poderán efectua-los pagamentos por medio de transferencia ou talón bancario.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Establécese a cantidade de catrocentas vintesete pesetas para percibir por este concepto por día efectivo de traballo, con independencia de que as empresas dispoñan ou non de medios de transporte.

En caso de desprazamento, as empresas satisfarán ó persoal o servicio de transportes correspondente sen detrimento da percepción do dito plus.

Artigo 11º.-Complemento de antigüidade.

A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos, quedando, por tanto, suprimidos.

Non obstante, os traballadores que xerasen ou xeren antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada, non sendo absorbible nin compensable. As contías serán as que figuran para as distintas categorías nas táboas anexas, por cada cinco anos de servicio, ata o límite da indicada data do 30 de setembro de 1996.

Artigo 12º.-Plus de asistencia.

Percibirase por cada día efectivo de traballo, a razón de cento oitenta e catro pesetas por día.

Artigo 13º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Nos supostos de que o traballador por necesidades de traballo teña que efectuar comidas ou pernoctar fóra do lugar habitual, terá dereito ás seguintes percepcións:

-Pola comida: 1.350 ptas.

-Por dúas comidas: 2.500 ptas.

-Axuda de custos completa: 3.750 ptas.

A partir do sétimo día de permanencia fóra do lugar de traballo, percibirá cen pesetas máis diarias. As empresas aboarán os gastos que superen o importe das axudas de custo aquí establecidas, unha vez que os xustifique o traballador.

O día de volta considerarase como axuda de custo completa. Os gastos aboaranse con independencia das axudas de custo establecida.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal e devengaranse por semestres naturais e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

As pagas extras aboaranse a razón de trinta días de salario base, antigüidade e vintecinco días de plus de asistencia.

As empresas poderán ratea-las pagas extras en doce mensualidades a razón de cinco días por cada mes.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ó tempo efectivamente traballado, computándose para estes efectos os períodos de accidente laboral e enfermidade profesional.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias axustándose ós seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materia prima: realización.

c) Horas extraordinarias por: contratos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda ou outras circunstancias, sempre que non sexa posible utilizar distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comité de empresa ou delegado de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

A hora extra pagarase cun recargo do 75% sobre o valor da hora ordinaria. Por acordo entre empresa e traballador, logo de realización delas, poderán compensarse as horas extraordinarias cun período equivalente de descanso.

Artigo 16º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 64 anos para o persoal que leve como mínimo dez anos na empresa. Consistirá este premio no salario dunha mensualidade, antigüidade e plus de transporte que lle corresponda ó traballador.

O traballador que se xubile voluntariamente con anterioridade a cumpri-los 64 anos terá dereito á percepción dos premios seguintes:

Xubilación ós 60 anos: 150 días de salario base e antigüidade consolidada.

Xubilación ós 61 anos: 125 días de salario base e antigüidade consolidada.

Xubilación ós 62 anos: 100 días de salario base e antigüidade consolidada.

Xubilación ós 63 anos: 75 días de salario base e antigüidade consolidada.

Estes premios serán compatibles coas liquidacións que a cada un lle correspondan.

A xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores ós 65 anos, sempre que teñan dereito a percibir unha pensión, de non ser así poderán continuar na empresa ata que se xere o dereito á prestación.

Este artigo quedará en suspenso no caso de que se modifique a idade de xubilación por norma legal.

Artigo 17º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas contratarán un seguro de invalidez permanente total ou morte por accidente, durante as 24 horas, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións:

Por morte: 2.000.000 de pesetas.

Por invalidez permanente total ou absoluta: 3.000.000 de pesetas.

As empresas que contratasen a póliza correspondente cunha compañía de seguros non responderán subsidiariamente das indemnizacións, en ningún caso.

Quedarán excluídos aqueles riscos que ordinariamente as compañías de seguros cubran.

Artigo 18º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán dun período anual de vacacións de 30 días naturais como mínimo.

A retribución delas será con base a 30 días de salario, antigüidade e plus de asistencia equivalente ós días efectivos de traballo durante o dito período vacacional.

Nas empresas que non desfruten o período vacacional conxuntamente e, polo tanto, permanezan abertas durante os doce meses, os traballadores terán dereito a un período de vacacións de 22 días laborables; non se consideran laborables os sábados, domingos e festivos.

Para efectos do desfrute de vacacións, o cómputo será por ano natural, tendo dereito á parte proporcional delas de non levar na empresa un ano completo, ou á liquidación corespondente polo cesamento na empresa, por calquera causa.

O calendario de vacacións establécese entre a empresa e os traballadores ou os seus representantes e deberá ser exposto como mínimo con dous meses de antelación ó inicio delas. Terán dereito preferente os traballadores con fillos en idade escolar.

As vacacións non poderán ser compensadas economicamente e en ningún caso as percepcións poderán ser inferiores ás establecidas no artigo 57º do convenio colectivo estatal da madeira.

Artigo 19º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo polo tempo e condicións establecidas no anexo: cadro de licencias e permisos.

O aviso será sempre obrigatorio, salvo supostos e situacións excepcionais e imprevisibles que non permitan avisar das ausencias; nese caso acreditarase no seu momento de forma suficiente.

Capítulo III

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 1.796 horas durante o ano 1996, nos anos sucesivos reducirase en catro horas ata quedar establecida en 1.780 horas no ano 2000.

A xeira semanal con carácter xeral será de 40 horas. As empresas, logo de acordo cos representantes dos traballadores, poderán establecer xornadas semanais distintas, coas limitacións establecidas no artigo 43 do convenio colectivo estatal da madeira.

As empresas quedarán obrigadas a confecciona-lo seu calendario laboral que deberá especifica-las xornadas laborables e as horas de cada unha delas, ata completa-lo número de horas pactado. As reduccións de xornada, para adaptalas ó cómputo anual, deberán acumularse, como mínimo, en medias xornadas. O calendario laboral deberá ser exposto ós traballadores no taboleiro de anuncios antes do 32 de xaneiro de cada exercicio.

Artigo 21º.-Xornada intensiva.

Aquelas empresas con traballadores que adquirisen o dereito da xornada intensiva nos meses de verán, respectarana nos seus propios termos. Nas demais poderase negocia-la súa implantación.

Artigo 22º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional legalmente recoñecida, a empresa completará a prestación económica na cantidade suficiente para equiparala á retribución salarial líquida que viñese percibindo, non incidindo a baixa no período

de vacacións que teña dereito a desfruta-lo traballador.

Artigo 23º.-Capacidade diminuída.

Aqueles traballadores que por causa de enfermidade ou accidente quedasen imposibilitados para desempeña-lo posto de traballo para o que foron contratados, conservarán un dereito preferente para cubri-las vacantes que se produzan na empresa, cando as condicións físicas e intelectuais do traballador sexan adecuadas ó posto vacante.

Artigo 24º.-Traballo da muller.

Os dereitos e obrigas establecidos na lexislación laboral neste convenio afectarán por igual ó home e á muller.

As empresas están obrigadas a pagar por iguais traballos os mesmos salarios e complementos sen discriminación de sexo.

Para efectos de extinción do contrato de traballo por causas obxectivas, non se computarán como faltas de asistencia as dos traballadores en período de licencia por maternidade.

Artigo 25º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas afectadas por este convenio entregarán dúas pezas de roupa de traballo ó ano ós traballadores, unha en xaneiro e outra en xullo.

Artigo 26º.-Recoñecemento médico.

O traballador poderá asistir a consulta médica sen que se lle desconten dos seus haberes o tempo empregado, sempre que o xustifique suficientemente.

Artigo 27º.-Cláusula de desenganche.

As empresas que tivesen perdas durante os exercicios de 1994 e 1995 e as previsións para o 1996 foran similares, poderán prescindir da aplicación dos salarios pactados neste convenio.

No prazo de dous meses desde a publicación deste convenio, as empresas que se pretendan acoller a esta cláusula deberán presenta-la solicitude á comisión mixta do convenio ante a que deberán acreditar, no caso de sociedades e empresas orbigadas pola normativa fiscal a leva-la contabilidade, as contas anuais presentadas no rexistro mercantil e as declaracións correspondentes presentadas ante a axencia tributaria. As demais empresas deberán acreditalo mediante a documentación que acredite suficientemente a súa situación a xuízo da comisión.

Poderase solicita-la presencia dos representantes dos traballadores, así como de documentación aclaratoria que se estime necesaria.

De non existir acordo no seo da comisión mixta, as partes acordan o sometemento á arbitraxe da AGA.

As empresas acollidas a esta cláusula, de acordo cos traballadores, poderán aplicar incrementos salariais menores ós aquí pactados ou, incluso, non

incrementa-los salarios durante a vixencia do convenio.

Tódolos membros da comisión, así como os seus asesores, orbíganse a manter na maior reserva a información recibida, observando o maior sixilo profesional.

Capítulo IV

Forma e modalidades do contrato

Artigo 28º.-Forma do contrato.

A admisión de traballadores na empresa a partir da entrada en vigor do presente convenio realizarase a través do contrato escrito, cando así o esixa a norma legal.

Así mesmo, formalizaranse por escrito as comunicacións de prolongación ou ampliación deles e o aviso da súa finalización, referidos ós contratos temporais, cando a forma legal ou convencional de aplicación así o estableza.

O contrato de traballo deberase formalizar antes de comeza-la prestación de servicios. Farase constar no contrato de traballo que deba establecerse por escrito as condicións que se pacten, o grupo profesional ou categoría en que queda encadrado o traballador e o contido mínimo do contrato, así como os demais requisitos formais legalmente esixidos.

Artigo 29º.-Condicións xerais de ingreso.

O ingreso ó traballo poderase realizar de conformidade con calquera das modalidades reguladas no Estatuto dos traballadores, disposicións de desenvolvemento e no presente convenio.

As empresas estarán obrigadas a solicitar dos organismos públicos de emprego os traballadores que necesiten, cando así o esixa a lexislación vixente, mediante oferta de emprego.

Artigo 30º.-Probas de aptitude.

As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicoténicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

Artigo 31º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato de traballo fixo de cadro de persoal o que se concerte entre a empresa e o traballador, para a prestación laboral durante tempo indefinido.

Capítulo V

Duración do contrato

Artigo 32º.-Período de proba.

Poderá concertarse, por escrito, un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de:

a) Titulados técnicos superiores: seis meses.

b) Técnicos de grao medio ou sen titulación e persoal administrativo cualificado: dous meses.

c) Persoal de oficio e auxiliar administrativo: un mes.

d) Resto do persoal: vinte días.

Artigo 33º.-Contrato de aprendizaxe.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional relacionada co posto de traballo a desempeñar.

O contido do contrato, como as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito, e figurará nel de modo claro a actividade ou profesión obxecto de aprendizaxe.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorren circunstancias de tipo tóxicas, penosas, perigosas ou nocturnas. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador cun contrato destas características non poderá ser inferior a dezaseis anos nin superior ós vintedous anos.

a) A duración máxima será de tres anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

b) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a seis meses, podendo prorrogar ata tres veces por períodos como mínimo de seis meses.

c) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretarase co contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de xeito racional.

No contrato deberá figura-lo nome e categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz, así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na emrpesa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

d) O salario que percibirá o aprendiz será o establecido no presente convenio para a dita categoría.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación

teórica e práctica adquirida, na que constará a duración dela.

e) Mentres subsistan os pluses extrasalariais, estes percibiranse en contía íntegra durante tódolos días que dure o contrato de traballo.

Artigo 34º.-Contrato de substitución por anticipación idade de xubilación.

Por acordo entre empresas e traballador, este poderase xubilar á idade de sesenta e catro anos e a empresa terá a obrigación de contratar un traballador que o substitúa co obxecto de que o primeiro poida acollerse ós beneficios establecidos no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, ou a norma que puidese substituílo.

A representación traballadora e a empresarial pactan no presente convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será a de sesenta a cinco anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 35º.-Contratos eventuais por circunstancias da producción.

1º. De acordo co que dispón o artigo 15.1.b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e o Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderá ser de ata vintecatro meses traballados dentro dun período de trinta meses.

2ª. Os contratos de duración inferior a seis meses poderán prorrogarse cantas veces as partes acorden, dentro deste período máximo, sen ningunha limitación temporal.

A partir dos seis meses de duración poderanse concertar prórrogas semestrais ata chegar ó período máximo de dous anos. Se non existise prórroga ó vencemento dalgún dos prazos, entenderase o contrato prorrogado ata o límite máximo de dous anos.

3ª. Os contratos celebrados con anterioridade á publicación do presente convenio poderanse prorrogar ata os dous anos e coas condicións do presente artigo.

4ª. O sector da madeira, obxecto de regulación, resulta fluctuante na súa intensidade productiva en función das circunstancias conxunturais e cíclicas da economía. Esta conclusión conduce, inevitablemente, a que as posibilidades do sector se enmarquen no amplo concepto de esixencias circunstanciais do mercado que supoñen transitorias acumulacións de tarefas ou exceso de pedidos. Estas circunstancias resultan ser ciclicamente constantes no tempo e de relativa permanencia temporal dentro dos ciclos cambiantes da economía.

Por todo iso, as partes asinantes do presente convenio acordan proceder a unha adecuada regulación do contrato de traballo previsto no artigo 15.1.b)

do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, adaptándoo ás condicións singulares do sector da madeira mentres persistan as circunstancias de emprego e productividade.

5ª. Á terminación do contrato, a empresa virá obrigada a satisfacer ó traballador unha indemnización de vinte días de salario por ano de servicio ou a parte proporcional que corresponda.

6º. Con independencia do establecido no parágrafo precedente, os contratos de duración inferior a catro meses non terán dereito a unha indemnización.

7º. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade conterán unha referencia expresa ó presente artigo.

Artigo 36º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

De acordo coas competencias atribuídas pola Lei 1/1995, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no seu artigo 15.1.a), as partes asinantes do presente convenio conveñen en identificar determinados traballos ou tarefas con substantividade propia dentro das actividades das empresas do sector, definidas como tales no artigo 11 do convenio colectivo estatal da madeira.

En consecuencia, só se poderán realizar contratos ó abeiro do artigo 15.1.a) do Estatuto dos traballadores, é dicir, para obra ou servicio determinados, para as seguintes actividades:

a) Traballos de reparación das instalacións.

b) Para a realización dunha obra ou servicio determinado, con substantividade propia fóra das instalacións da empresa, aínda tratándose da actividade normal dela, incluíndose os labores na propia empresa, inherentes á preparación delas.

c) Traballos de rematantes, serradores e industrias da madeira auxiliares de actividades agrícolas, tales como envases e paletas para productos hortofructícolas.

En canto ó aviso e cesamento rexerá o disposto no artigo 75 do convenio colectivo estatal da madeira.

Artigo 37º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus traballadores en aplicación do presente convenio. Esta obrigación constará expresamente no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente convenio.

ANEXO I

Táboas salariais-1996

Día Mes

Persoal obreiro
Encargado3.707112.763
Oficial primeira3.639110.700
Oficial segunda3.567108.508
Axudante3.493106.252
Especialista3.423104.124
Peón3.356102.069

Técnicos
E. proxectista114.983
Perito112.489
ATS112.489
Delineante108.204
Auxiliar analista105.931

Persoal subalterno
Ordenanza101.780
Garda e vixilante101.780

Persoal administrativo
Xefe de primeira114.983
Xefe de segunda112.489
Oficial de primeira112.489
Oficial de segunda108.204
Auxiliar105.931

Aprendices
Aprendices e menores de 18 anos1.515
Plus de asistencia184
Plus de transporte427

Plus de antigüidade

1 quinquenio2 quinquenios3 quinquenios4 quinquenios5 quinquenios

Persoal obreiro
Encargado2.5004.9257.3009.62512.025
Oficial de primeira2.4004.8257.1509.42511.775
Oficial de segunda2.4004.7257.0009.22511.525
Axudante2.3504.6256.8509.02511.275
Especialista2.3004.5256.7008.82511.025
Peón2.2754.4756.6758.72510.900

Técnicos
Proxectista2.5254.9757.3759.72512.150
Perito2.4754.8757.2259.52511.900
ATS2.4754.8757.2259.52511.900
Delineante2.4004.7257.0509.22511.525
Auxiliar analista2.3504.6256.8509.02511.275

Persoal subalterno
Ordenanza2.2754.4756.6258.72510.925
Garda e vixilante2.2754.4756.6258.72510.925

1 quinquenio2 quinquenios3 quinquenios4 quinquenios5 quinquenios

Persoal administrativo
Xefe de primeira2.5254.9757.3759.72512.150
Xefe de segunda2.5004.9257.3009.62512.025
Oficial de primeira2.4504.8257.1509.42511.775
Oficial de segunda2.4004.7257.0009.22511.525
Auxiliar2.3004.6256.8509.02511.275

Compensación supresión antigüedade

Persoal obreiro

Encargado852 ptas./paga

Oficial de primeira835 ptas./paga

Oficial de segunda818 ptas./paga

Axudante801 ptas./paga

Especialista784 ptas./paga

Peón776 ptas./paga

Técnicos

Proxectista861 ptas./paga

Perito844 ptas./paga

ATS844 ptas./paga

Delineante818 ptas./paga

Auxiliar analista801 ptas./paga

Persoal subalterno

Ordenanza776 ptas./paga

Garda e vixilante776 ptas./paga

Persoal administrativo

Xefe de primeira861 ptas./paga

Xefe de segunda844 ptas./paga

Oficial de primeira844 ptas./paga

Oficial de segunda818 ptas./paga

Auxiliar801 ptas./paga

Nota: estas cantidades son a incrementar nas táboas salariais dos anos 1997, 1998, 1999 e 2000.

ANEXO II

Cadro de permisos e licencias

Motivo de licenciaTempo máximoConceptos a devengarXustificantes

Salario

base

Pagas

extras

Comp.

Antig.

Incen.

(1)

Comp.

Conv.

Comp.

Ptrab.

Comp.

no Sal.

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros.Tres días naturais, ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 Km.SiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito.
Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmás e avóss.Tres días naturais, ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 Km.SiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito.
Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos.Dous días naturais, ampliables ata 4 naturais no caso de desprazamento superior a 150 Km.SiSiSiSiSiSiNonDocumento no que se acredite o feito.
Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticos.Dous días naturais, ampliables ata 4 naturais no caso de desprazamento superior a 150 Km.SiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito.
Nacemento de fillo ou adopción.Tres días naturais, ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 Km.SiSiSiSiSiSiNonLibro de familia ou certificado do xulgado.
Matrimonio do traballador.Quince días naturais.SiSiSiSiSiNoNonLibro de familia ou certificado oficial
Cambio de domicilio habitual.Un día laborable.SiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito.
Deber inescusable de carácter público ou persoal.O indispensable ou o que marque a norma.SiSiSiSiSiSiNonXustificante da asistencia.

Motivo de licenciaTempo máximoConceptos a devengarXustificantes

Salario

base

Pagas

extras

Comp.

Antig.

Incen.

(1)

Comp.

Conv.

Comp.

Ptrab.

Comp.

no Sal.

Lactancia ata nove meses.Ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora; reducción de xornada en media hora.SiSiSiSiSiSiSiLibro de familia ou certificado de adopción.
Traslado (Art. 40 ET).Tres días laborables.SiSiSiSiSiSiNon
Matrimonio de fillos.O día natural.SiSiSiSiSiSiNonDocumento no que se acredite o feito.
Funcións sindicais ou de representación de traballadores.O establecido na norma.SiSiSiSiSiSiSiO que proceda.

(1) Media percibida no mes anterior.

9606890