Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 24 de setembro de 1996 Páx. 8.602

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 353/1996, do 13 de setembro, polo que se declara la urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación das liñas eléctricas de alimentación ós centros de transformación de Vilar de Sarria, concello de Sarria, e de Empalme e Recesende, termo municipal de Castroverde, provincia de Lugo. (Expedientes 4286 e 2441 A.T., respectivamente).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio a efectos de notificacións na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución dos proxectos de construcción das liñas eléctricas a 20 kV seguintes: 1ª. Con orixe na L.M.T. ó C.T. da depuradora de Sarria e final no C.T. proxectado en Vilar de Sarria, cunha lonxitude de 713 m, conductor LA-56, sobre apoios de formigón e torres metálicas, a liña transcurre dentro do termo municipal de Sarria (Lugo), expediente nº 4286 A.T., e 2ª. Con orixe na L.M.T. ó C.T. de Sta. Xuliana do Monte e final nos centros de transformación proxectados en Empalme e Recesende, de 234 e 741 m de lonxitude, respectivamente, conductor LA-56, apoios de formigón e torres metálicas, no concello de Castroverde (Lugo), expediente nº 2441 A.T.

As devanditas instalacións foron autorizadas, declaradas de utilidade pública e aprobados os seus proxectos de execución, a 1ª por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 12-7-1995, a cal foi obxecto de publicación inseríndose no DOG do 14-7-1995, no BOP de Lugo do 29-9-1995, no BOE do 11-8-1995, e no xornal diario El Progreso de Lugo do 19-7-1995; e a 2ª por resolución do mesmo organismo do 21-7-1995, a cal foi publicada no DOG do 4-10-1995, no BOP de Lugo do 25-8-1995, no BOE do 7-9-1995 e no xornal diario El Progreso de Lugo do 24-7-1995.

A solicitude de urxente ocupación, fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instala

cións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alinea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 13-2-1996, no BOP de Lugo do 6-3-1996, no xornal El Progreso de Lugo do 6-3-1996, e a simple referencia no BOE do 7-2-1996; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período no que se someteu ó trámite de información pública formulou escrito de alegacións ó propietario do predio nº 21 do expediente nº 2441 A.T. -ramal de alimentación ó C.T. de Empalme-, que se refiren a discrepancias na valoración dos bens afectados, alegacións que non se teñen en conta por non corresponder a esta fase do procedemento. Non se teñen en conta, así mesmo, as formuladas polos propietarios dos predios nº: 6 do expediente nº 2441 A.T. -derivación ó C.T. de Recesende-, e nº: 21 do expediente nº 4286 A.T. -liña ó C.T. de Vilar de Sarria-, xa que a empresa eléctrica chegou a un acordo amigable con eles.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación destas liñas, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con estas liñas preténdese amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidumbre de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Con

sello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu Regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-las instalacións proxectadas e propostas por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., das liñas eléctricas: 1ª. De alimentación ó centros de transformación de Vilar de Sarria, e 2ª. Ós C.T. de Empalme e Recesende. (Expediente nº 4286 e 2441 A.T., respectivamente).

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse a 1ª no termo municipal de Sarria, e a 2ª no de Castroverde, ambos da provincia de Lugo, e son tódolos que figuran nas relacións presentadas pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que constan no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas. A solicitude do interesado, exclúense desta disposición o predio nº 21 do expediente 4286 A.T., e o nº 6 do expediente nº 2441 A.T., ó se chegar ó mutuo acordo entre as partes.

Santiago de Compostela, trece de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9606835