Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 24 de setembro de 1996 Páx. 8.588

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 346/1996, do 13 de setembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Polo Decreto 232/1994, do 14 de xullo (DOG do 29 do mesmo mes), estableceuse a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria orientada a face-la súa adecuación ós principios e ós niveis educativos que para o ensino determina a Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo. Esta estructura modificouse parcialmente polo Decreto 232/1995, do 28 de xullo (DOG do 4 de agosto), coa finalidade de mellora-la colaboración e coordinación dalgúns dos seus servicios e para procurar unha maior fluidez e eficacia administrativa.

Co ánimo de afondar na liña de mellora de xestión educativa encomendada a este departamento, estímase conveniente que a ordenación educativa pase a ser competencia da Dirección Xeral de Formación Profesional en razón de que os múltiples e novos ciclos educativos específicos destas ensinanzas comportan a adopción de novas e variadas disposicións que leven a cabo a súa ordenación; mentres que, polo contrario, está practicamente ultimada a ordenación educativa das ensinanzas primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato.

Así mesmo, unha vez rematada a programación da Rede de Centros Escolares de Galicia procede que a unidade administrativa encargada da súa confección pase a formar parte da Dirección Xeral de Centros, coa finalidade de realiza-la adecuación permanente daquela ás necesidades xurdidas con posterioridade.

Estes cambios que poderían reflectirse nunha segunda modificación ó inicial Decreto 232/1994, pero, sen embargo, estímase máis conveniente refundir todo nun só texto coa finalidade de conseguir unha maior claridade normativa e unha maior seguridade xurídica.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, co informe favorable das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponde

as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado, en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades; a promoción e o ensino da lingua galega; a coordinación do sistema universitario e o fomento da investigación e o recoñecemento, tutela e rexistro das fundacións docentes de interese galego. Todo isto de conformidade co establecido na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Galicia, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, a Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, a Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e a Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, nos termos sinalados na Constitución española.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos:

I. O conselleiro.

II. A Secretaría Xeral.

III. A Dirección Xeral de Persoal.

IV. A Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

V. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

VI. A Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

VII. A Dirección Xeral de Política Lingüística.

VIII. As delegacións provinciais.

IX. Os órganos colexiados.

I. O conselleiro.

Artigo 3º

O conselleiro é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, ostenta e exerce as atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente.

II. A Secretaría Xeral.

Artigo 4º

O secretario xeral exercerá as competencias e funcións especificadas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e no Decreto 111/1984, do 25 de maio. Así mesmo, aqueloutras que lle sexan atribuídas pola normativa en vigor e as que lle sexan encomendadas polo titular da consellería. En particular, a coordinación e supervisión dos convenios que se subscriban con outras administracións públicas e institucións públicas ou privadas.

Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

Correspóndelle a esta subdirección exerce-las competencias relativas á elaboración do anteproxecto de orzamento da consellería, a súa execución, seguimento e coordinación; a supervisión e control do rexistro xeral e do arquivo de documentos relacionados co réxime interior; a elaboración da normativa sobre o transporte escolar e comedores escolares, a súa execución e control; a execución do Plan Informático da Xunta de Galicia nesta consellería; a racionalización dos circuítos administrativos en coordinación cos órganos competentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e o soporte informático a tódolos órganos do departamento; a recollida de datos e a elaboración de estatísticas que lle sexan solcitadas pola Secretaría Xeral.

Para o desenvolvemento destas competencias contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Xestión Económica e Réxime Interior.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Confecciona-lo borrador do anteproxecto de orzamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Controla-la xestión económica dos citados orzamentos e a execución do gasto das diversas unidades que compoñen a consellería.

-Xestionar e supervisa-las actividades relacionadas cos asuntos xerais de réxime interior da consellería, en especial as de rexistro xeral, información, portería e arquivo.

-Xestiona-los contratos de asistencia técnica dependentes da Secretaría Xeral.

-Exerce-lo control económico e a coordinación orzamentaria dos diferentes congresos, reunións, seminarios e demais actividades similares organizadas pola Secretaría Xeral.

-Todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendadas.

1.2. Servicio de Xestión dos Servicios Educativos Complementarios.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Programar e xestiona-lo servicio de transporte escolar en función das necesidades dos centros docentes non universitarios e dos demais servicios educativos complementarios, coordinando as actuacións das delegacións provinciais.

-Coordinar e xestiona-los servicios de comedor dos diferentes centros docentes dependentes da consellería.

-Coordina-las accións que en relación coas bolsas prestan as delegacións provinciais.

-Asisti-lo secretario xeral, en coordinación cos servicios da Inspección Educativa, en relación co control do transporte escolar, bolsas e comedores.

-Todas aquelas actuacións que, en relación con estas materias, lle sexan encomendadas.

1.3. Servicio de Informática.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Programar, en coordinación coa Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a adquisición dos equipos informáticos que precise a consellería.

-Coordina-las actuacións que en materia informática realizan as delegacións provinciais.

-Elabora-las estatísticas propias da consellería e dos organismos e entes públicos dela dependentes, segundo as pautas determinadas na Lei de estatística de Galicia, do 24 de maio de 1993.

-Velar pola correcta implantación dos sistemas informáticos dentro da consellería, especialmente do sistema de xestión dos procedementos administrativos, sen prexuízo das competencias que nesta materia lle corresponden á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Calquera outra función relacionada coa informática ou a estatística que lle sexa encargada.

2. Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

Correspóndelle elaborar -dentro das previsións orzamentarias e a partir da planificación escolar non universitaria e de acordo coas necesidades manifestadas polas direccións xerais- a programación dos investimentos en infraestructuras e edificacións da consellería; supervisa-los proxectos de construccións de centros, tanto de obra nova coma de reforma; coordina-los de reforma, ampliación e mellora das obras que sexan competencia da consellería; elabora-las instruccións sobre construccións e mantemento dos inmobles; programa-las necesidades de equipamento e mobiliario e a súa execución.

Para o desenvolvemento das súas competencias contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Proxectos e Construccións.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Estudia-la programación e prioridade dos proxectos de obra nova e da rehabilitación integral dos inmobles dependentes desta consellería, definindo as súas características en función do que se estableza na rede de centros, e coordinándose coas direccións xerais de Persoal e de Centros e Inspección Educativa.

-Controla-la execución de tales obras, tanto desde o punto de vista técnico, como do cumprimento dos prazos do contrato.

-Coordinar e supervisa-la execución de tódalas obras desenvolvidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, incluídas as que xestionen directamente as delegacións provinciais de acordo coas competencias nelas desconcentradas.

-Calquera outra función que, relacionada coa programación, seguimento, control e execución das obras que vai realiza-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria lle sexa encomendada.

2.2. Servicio de Contratación e Equipamento.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Elaborar e xestiona-los contratos de obras e subministracións dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Prepara-los pregos de condicións técnicas e administrativas dos correspondentes contratos.

-Elaborar e actualizar, en colaboración co Servicio de Estatística, a base de datos relativa a prezos de edificación e de equipamento.

-Desenvolver calquera outra función que lle sexa encargada, en relación coa contratación de obras e co equipamento e mantemento dos centros docentes.

2.3. Servicio de Supervisión de Proxectos e Expropiacións.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións.

a) Supervisar e controla-los proxectos de obra nova e de rehabilitación integral que execute esta consellería.

b) Vixia-lo cumprimento das disposicións legais nestes proxectos, e ordenar, regular e coordina-los criterios técnicos que hai que aplicar neles, especialmente nos relativos á normativa urbanística e ós estudios do solo.

c) Tramita-los expedientes de expropiación instruídos por esta consellería baixo a supervisión da Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

d) Calquera outra que se derive desas funcións ou que lle fose encomendada especificamente polos órganos superiores.

3. Intégranse na Secretaría Xeral, dependendo directamente do seu titular, as seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

3.1. Servicio Técnico-Xurídico.

Corresponderalle o exercicio das seguintes funcións:

-Estudiar ou elaborar -segundo caso- os anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral emanadas da consellería a través dos seus centros directivos; así como levar a cabo as com

pilacións e refundicións das normas emanadas dela.

-Informar, cando proceda, sobre as reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións emanados dos distintos órganos da consellería, ou cando estes así o demanden.

-O Rexistro das fundacións docentes de interese galego, o Rexistro de asociacións de alumnos e o censo de federacións de pais de alumnos.

-Estudiar e tramita-los expedientes que se eleven ó Consello da Xunta de Galicia e as súas comisións delegadas, así como o traslado dos correspondentes acordos.

-Coordinar, dentro da consellería, a publicación nos diarios oficiais de tódalas disposicións e actos administrativos dictados polos órganos deste departamento; así como a súa remisión para a citada publicación.

-En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral de acordo con estas funcións.

4. Intégranse na Secretaría Xeral, dependendo organicamente do secretario xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, as seguintes unidades:

a) Asesoría Xurídica.

b) Intervención Delegada.

III. Dirección Xeral de Persoal.

Artigo 5º

Correspóndelle a esta dirección xeral a xestión do persoal dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Para o desenvolvemento destas competencias, a Dirección Xeral de Persoal estructurarase da seguinte maneira:

1. Subdirección Xeral de Persoal.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a programación dos recursos do profesorado dos centros docentes non universitarios; a xestión das accións relativas ó acceso, carreira docente e provisión de postos de traballo en coordinación coa Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros; a xestión das retribucións do profesorado; a elaboración do anteproxecto de orzamentos do capítulo relativo a persoal; o estudio e proposta de resolución dos recursos referentes á dirección xeral; e toda a xestión relacionada co persoal non docente dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Para o desenvolvemento das súas funcións esta subdirección contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Profesorado de Educación Infantil e Primaria.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Preparar e tramita-lo concurso xeral de traslados e os procedementos selectivos de acceso ó corpo de mestres, analizando as características específicas dos correspondentes postos de traballo.

-Prepara-los expedientes de indemnización por razón de servicio.

-Elabora-las propostas de resolución dos recursos.

-Calquera outra función que relacionada con estas materias lle sexa encomendada.

1.2. Servicio de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime especial.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Preparar e tramita-lo concurso xeral de traslados e os procedementos selectivos de acceso ós distintos corpos, en función das súas especiais características.

-Prepara-los expedientes de indemnización por razón de servicio.

-Elabora-las propostas de resolución dos recursos.

-Calquera función que, en relación con estas materias, lle sexa encomendada.

1.3. Servicio de Persoal non Docente.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Coordina-la confección das nóminas do persoal dependente da consellería e controla-la execución orzamentaria das delegacións provinciais na dita materia.

-Xestiona-los expedientes e as situacións administrativas do persoal funcionario non docente, tanto dos servicios centrais como das delegacións provinciais e centros públicos dependentes delas.

-Elaborar e xestiona-los contratos e as demais competencias relativas ó persoal laboral dependente da consellería.

-En xeral, a xestión, control e coordinación de todo o persoal adscrito á consellería ben sexa de carácter laboral ou funcionario, e calquera outra función relacionada con estas materias que lle sexa encomendada.

IV. Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Artigo 6º

Correspóndelle a esta dirección xeral a elaboración das propostas de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares tanto de titularidade pública como privada; as propostas de concesión de axudas, de concertos educativos e demais aspectos referentes á súa xestión, así como o pagamento delegado ó profesorado.

Así mesmo correspóndelle a programación das modificacións da rede de centros escolares non universitarios, así como a súa adecuación periódica en función das necesidades e da evolución do sistema educativo do mapa escolar de Galicia.

Para o desenvolvemento das anteriores competencias esta dirección xeral estructúrase como segue:

1. Subdirección Xeral de Programación.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a adaptación do mapa escolar á comarcalización de Galicia, e a súa futura evolución; a adecuación da rede de centros escolares segundo as necesidades que o desenvolvemento da mesma aconselle; a recollida, análise e estudio dos datos relativos á poboación, á infraestructura escolar e á demanda educativa nos diferentes niveis, modalidades, etapas e ciclos do ensino non universitario, así como a súa evolución.

Para o desenvolvemento das súas funcións estructúrase nas seguintes unidades co nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Programación.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Propoñe-la rede de centros escolares non universitarios da Comunidade Autónoma en coordinación cos servicios competentes das direccións xerais.

-Elabora-lo mapa escolar de Galicia e adecualo periodicamente en función das necesidades e evolución do sistema educativo, así como adaptalo á comarcalización de Galicia.

-Asistir ós responsables dos centros directivos da consellería na coordinación das programación anuais, e nos asuntos que en relación coa materia lle sexan encomendados.

2. Subdirección Xeral de Centros.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a xestión dos gastos de funcionamento dos centros públicos docentes non universitarios; instruír, e emitir informe, nos expedientes de creación, supresión, transformación, clasificación e autorización dos centros docentes non universitarios de titularidade pública e privada, así como elabora-las propostas de resolución; o estudio das necesidades de equipamento e mobiliario dos centros docentes públicos non universitarios, e a elaboración dos proxectos normativos sobre concertos educativos, convenios e subvencións a centros privados, en coordinación coa Dirección Xeral de Persoal, así como a súa execución.

Para o desenvolvemento das anteriores funcións contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Centros.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Tramita-los expedientes relativos á creación, supresión, transformación, cambio de titularidade, clasificación e autorización dos centros de titularidade pública e privada.

-Leva-lo rexistro de centros.

-Aplica-los acordos sobre os centros en crise.

-Propoñe-lo regulamento orgánico e demais normas sobre o réxime administrativo dos centros, así como calquera outra función que no ámbito das súas competencias lle sexa encomendada.

-Determina-las necesidades de equipamento ou mobiliario dos centros docentes públicos.

2.2. Servicio de Xestión de Programas Educativos.

Correspóndelle baixo a dirección do subdirector xeral o exercicio das seguintes funcións:

-Coordina-los servicios de programación e contratación das delegacións provinciais naquelas materias que afecten á dirección xeral.

-Elabora-los proxectos normativos e a xestión en relación cos concertos educativos, convenios e subdireccións, agás o pagamento delegado ó profesorado.

-Elabora-lo anteproxecto de orzamentos da dirección xeral, e controla-la súa xestión económica e a execución do gasto das diversas unidades.

-Realiza-la xestión, seguimento, avaliación e control dos gastos de funcionamento dos centros públicos.

-Tramitar e propoñe-lo pagamento de tódalas obrigas xeradas pola dirección xeral.

-Cantas funcións, no seu ámbito, lle sexan encomendadas.

3. Inspección Central.

Correspóndenlle as competencias establecidas no Decreto 135/1993, do 24 de xuño, se ben, no referente ó transporte escolar e comedores, coordinará as súas actuacións coa unidade correspondente da Secretaría Xeral.

Para o desenvolvemento das súas competencias contará cun inspector xefe con categoría de subdirector xeral, e con tres inspectores coordinadores con nivel orgánico de xefe de servicio, que realizarán as funcións previstas no citado Decreto 135/1993, do 24 de xuño.

V. Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

Artigo 7º

Correspóndelle a esta dirección xeral a ordenación, elaboración e renovación dos programas educativos das ensinanzas non universitarias; o establecemento das normas e das orientacións precisas para a súa efectividade; o informe sobre a autorización de ensinanzas, a adecuación dos equipamentos e instalacións destinadas á docencia técnico-profesional; así como as materias sobre a atención ás necesidades formativas dos adultos e dos grupos de persoas que requiran unha cualificación académico-profesional, e por último, a expedición de títulos académicos.

Así mesmo, correspóndelle a atención ás necesidades formativas dos adultos e grupos de persoas que requiran unha cualificación académico-profesional.

Para o desenvolvemento das anteriores competencias esta dirección xeral estructúrase como segue:

1. Subdirección Xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a proposta de ordenación, elaboración e renovación dos plans e programas educativos das ensinanzas de formación profesional e artes plásticas e deseño; as orientacións precisas para súa efectividade; o informe sobre a autorización de ensinanzas, adecuación dos equipamentos e instalacións destinadas á docencia técnico-profesional; e a atención ás necesidades formativas dos adultos e grupos de persoas que requiran unha cualificación académica profesional.

Para o desenvolvemento das súas funcións estructurarase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Formación Profesional.

Correspóndelle a este servicio as seguintes funcións:

-Propoñe-la ordenación dos estudios da formación profesional específica e artes plásticas e deseño nas súas diferentes modalidades.

-Coordina-la elaboración e actualización dos currículos dos ciclos formativos.

-Emitir informe sobre a autorización de ensinanzas, a adecuación dos equipamentos e instalacións destinados á docencia técnico-profesional.

-Cantas outras lle sexan encomendadas no ámbito desta subdirección xeral.

1.2. Servicio de Educación de Adultos e Xestión Económica.

Correspóndelle a este servicio as seguintes funcións:

-Elabora-lo anteproxecto de orzamentos da dirección xeral, e controla-la súa xestión económica, e a execución do gasto das súas unidades.

-Programar e organiza-los plans de educación de adultos.

-Presentar propostas e xestiona-las accións de promoción educativa no que atinxe a esta subdirección xeral.

-Cantas outras lle sexan encomendadas neste ámbito de competencias.

2. Subdirección Xeral de Ordenación Educativa.

Correspóndelle a esta subdirección xeral as propostas curriculares nos niveis e modalidades do ensino non universitario, e a súa normativa académica e organizativa; proposta de actuación para atende-las necesidades educativas especiais e a diversidade dos alumnos; a supervisión dos proxectos curriculares e experimentais que se realizan nos centros; estudio dos programas educativos; planificación, execución -cando proceda- e avaliación dos programas de formación, perfeccionamento e reciclaxe do profesorado das diferentes áreas e

niveis; e a colaboración coas institucións universitarias responsables da formación inicial do profesorado, así como a tramitación da expedición de títulos académicos.

Para o desenvolvemento das súas funcións estructurase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Elabora-las propostas dos currículos educativos nos diferentes niveis e modalidades de ensino non universitario.

-Elabora-las propostas da normativa que regule a educación especial, acción titorial, a orientación escolar e profesional, e as adaptacións curriculares para atende-la diversidade dos alumnos.

-Propoñe-la autorización de libros de texto e demais material curricular.

-Propoñe-la autorización, seguimento e avaliación de proxectos experimentais, e determina-los criterios para asesorar e supervisar os proxectos curriculares dos centros.

-Propoñe-la autorización de ensinanzas e actividades técnico-profesionais e de materias optativas.

-Propoñe-las resolucións sobre validacións e equivalencias nos estudios regulados pola LOXSE, ou pola lexislación aplicable, e nos recursos presentados polos alumnos, os seus pais ou titores; as convocatorias de gracia; e a organización das probas de acceso nos estudios de réxime especial e de formación profesional.

-Planifica-las probas de acceso nos estudios de réxime especial e da formación profesional.

-Xestiona-la expedición de títulos académicos e leva-lo seu rexistro central.

-Calquera outra función que, incluída neste ámbito de competencias, lle sexa encomendada.

2.2. Servicio de Formación do Profesorado.

Correspóndelle baixo a dirección do Subdirector Xeral o exercicio das seguintes funcións:

-Analiza-las necesidades de formación do profesorado e a proposta do plan de formación, así como a adopción das medidas necesarias para a súa execución.

-Coordina-los distintos centros de formación continuada do profesorado.

-Prepara-las propostas de convocatorias relacionadas coa formación do profesorado, e as de convenios con outras institucións que teñan como finalidade inicial ou permanente a formación do profesorado.

-Calquera outra función que pola súa similar natureza, lle sexa encomendada.

VI. Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

Artigo 8º

Correspóndelle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación a planificación e execución das competencias en materia de universidades e ensinanzas universitarias correspondentes á consellería, en relación coas que se lle atribúen á Comunidade Autónoma no artigo 31 do Estatuto de autonomía, a Lei estatal 11/1983, de reforma universitaria, a Lei galega 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), e as disposicións dictadas no seu desenvolvemento. Tamén lle corresponde a ordenación, a planificación e a execución das competencias en materia de fomento da investigación correspondentes á consellería, en relación coas que lle atribúen á Comunidade Autónoma, neste tema, o artigo 27.19º do Estatuto de autonomía, a Lei estatal 13/1986, de fomento e coordinación xeral da investigación, a Lei de Galicia 12/1993, de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico, e as disposicións dictadas no seu desenvolvemento. Así mesmo, elaborará a

proposta e, se é o caso, executará plans específicos de apoio á formación e actualización do persoal docente das universidades e do persoal investigador.

Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Universidades.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a asistencia á dirección xeral nas tarefas de elaboración e xestión do orzamento da dirección xeral, nos asuntos relacionados coa consecución da calidade total no sistema universitario e a asistencia cara á participación da dirección nos órganos estatais e galegos de coordinación do sistema universitario de Galicia. Tamén lle corresponde o réxime interior da dirección xeral, a supervisión do cadro de persoal e do sistema de arquivo, a distribución ós diversos servicios da dirección xeral da información e da documentación, a asistencia á dirección xeral no desenvolvemento dos servicios comúns de apoio ó sistema universitario e o seguimento, apoio e asesoramento á dirección xeral nas tarefas derivadas da Lei de ordenación do sistema universitario e do plan de financiamento.

Así mesmo a subdirección colaborará coa Secretaría Xeral da consellería na elaboración dos datos estatísticos da propia consellería no referente ó sistema universitario de Galicia, sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística (IGE), e elaborará os anteproxectos de disposición e a proposta de resolución dos recursos administrativos no seu ámbito competencial.

Para o desenvolvemento destas competencias contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio.

1.1. Servicio de Coordinación do Sistema Universitario.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Asistir á dirección xeral nas súas funcións respecto ós órganos da Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia e elaborar propostas de desenvolvemento dos servicios universitarios previstos nela.

-Xestiona-la creación e recoñecemento en Galicia de universidades, de centros universitarios, e da autorización de implantación de estudios universitarios tanto de carácter oficial e de validez en todo o territorio nacional como os conducentes a títulos conforme o sistema vixente nun país estranxeiro.

-Xestiona-la relación administrativa cos órganos colexiados unipersoais das universidades, cos centros asociados da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Galicia e cos centros adscritos, propios e integrados do sistema universitario.

-Face-lo seguimento e a proposta de coordinación de incorporación dos estudiantes ó nivel universitario do ensino nos centros das tres universidades galegas para poder elabora-la proposta de convocatoria xeral de cada ano.

-Establece-la conexión co Servicio de Apoio ó Sistema Universitario de Galicia (SASUG), actualizándolle o banco de datos no que afecta á elaboración da estatística universitaria e a súa informatización de datos.

-Preparar e face-lo seguimento dos convenios que afecten as súas funcións, a publicación da Revista Galega de Educación Superior e das accións de apoio económico ós estudiantes.

-Calquera outra función que, en relación coas súas competencias, lle sexa encomendada.

1.2. Servicio de Promoción da Investigación Universitaria.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Controlar, executar e face-lo seguimento das accións de promoción xeral do coñecemento, de apoio á formación e actualización do persoal docente das universidades galegas e o das de apoio á formación e actualización do persoal investigador, que ten encomendadas, prestándolle asistencia á Comisión de Selección de Política Científica.

-Avalia-las accións de promoción da investigación universitaria que lle están encomendadas.

-Preparar e xestiona-la documentación precisa para mante-lo Rexistro de Fundacións Docentes Universitarias.

-Establece-la conexión co Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) actualizándolle o banco de datos no que afecta á elaboración informatizada das estatísticas de investigación universitaria.

-Preparar e face-lo seguimento dos convenios que afectan ás súas funcións e das accións que se deriven deles.

-Calquera outra función que, en relación coas súas competencias, lle sexa encomendada.

1.3. Servicio de Financiamento de Universidades e Investigación.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Elaborar e face-lo seguimento da proposta de financiamento e valoración económica do sistema universitario, do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (IDT), así como a xestión do orzamento e a contratación administrativa da dirección xeral.

-Cuantifica-lo cumprimento, a execución e seguimento do plan de financiamento, facendo a configuración cuantitativa dos campus, co obxecto de constrasta-la calidade total no sistema universitario.

-Prepara-la proposta de normativa e control dos prezos do sistema universitario de Galicia, atendendo ós módulos de capacidade, límites de prazas e límites de prezos.

-Establece-la concesión co Servicio de Apoio ó Sistema Universitario Galego (SASUG) actualizándolle o banco de datos no que afecta á elaboración da estatística universitaria e á informatización do plan de financiamento.

-Xestiona-la relación administrativa coas xerencias e demais dependencias das universidades, encargadas da xestión económica e dos investimentos.

-Xestiona-los convenios que, pola súa materia, afecten ás competencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

-Calquera outra función que, en relación coas súas competencias, lle sexa encomendada.

2. Secretaría Xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Correspóndelle á Secretaría Xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, con nivel orgánico de subdirección xeral, a asistencia á dirección xeral na coordinación dos recursos de investigación, nas accións de expansión da comunidade científica, nos asuntos relacionados coa consecución da calidade total no sistema ciencia-tecnoloxía-sociedade, no desenvolvemento dos servicios comúns de apoio á comunidade científica e nas relacións cos órganos nacionais e internacionais de IDT. Tamén lle corresponde o apoio ós órganos previstos na Lei de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, a asistencia á Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (CICETGA) e a redacción do anteproxecto do Plan Galego de IDT, seguindo as directrices impartidas por aquela. Ademais manterá o rexistro administrativo de centros e institucións de investigación e investigadores, levará a cabo as accións precisas para a difusión de coñe

cementos, información e promoción da ciencia e tecnoloxía e coñecerá a marcha das investigacións, dos programas e dos proxectos nos que participan os centros e as institucións de Galicia.

Así mesmo, esta secretaría colaborará coa Secretaría Xeral da consellería na elaboración dos datos estatísticos da propia consellería no referente ó fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico, sen prexuízo das competencias do IGE, elaborará os anteproxectos de disposición e a proposta de resolución dos recursos administrativos no seu ámbito competencial, e dará seguimento, apoio e asesoramento á dirección xeral nas tarefas derivadas da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e do Plan Galego de IDT.

Para o desenvolvemento destas competencias contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Organización do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Correspóndelle, baixo a dirección da secretaría xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Face-la xestión administrativa das funcións encomendadas á secretaría xeral pola Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.

-Face-lo seguimento da execución e do finanzamento dos programas de IDT, co obxecto de cuantifica-lo grao do seu cumprimento e do nivel de execución do Plan Galego de IDT.

-Xestiona-la creación e face-lo seguimento dos centros tecnolóxicos.

-Establece-la conexión co Cesga actualizándolle o banco de datos no que afecta á elaboración informatizada das estatísticas de investigación do Plan galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

-Preparar e face-lo seguimento do Plan Galego de IDT co obxecto de contrasta-la calidade total no sistema ciencia-tecnoloxía.

-Preparar e face-lo seguimento e xestión dos convenios que afecten as súas funcións.

-Calquera outra función que, en relación coas súas competencias, lle sexa encomendada.

2.2. Servicio de Expansión da Comunidade Científica.

Correspóndelle, baixo a dirección da secretaría xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Face-lo desenvolvemento das liñas de cooperación nacional e internacional en IDT, promovendo a cooperación tecnolóxica.

-Face-lo seguimento da información e programa-la presencia da consellería nas feiras nacionais e internacionais de IDT, favorecendo a transferencia de tecnoloxía.

-Preparar e face-lo seguimento dos convenios que afecten a publicación da Revista Galega de Cooperación Científica e as accións de intercambio coa comunidade científica.

-Establece-la conexión co Cesga, actualizándolle o banco de datos no que afecta ás redes nacionais e internacionais de investigadores.

-Preparar, controlar, executar e face-lo seguimento dos convenios de expansión que se tramiten.

-Calquera outra función que, en relación coas súas competencias, lle sexa encomendada.

VII. Dirección Xeral de Política Lingüística.

Artigo 9º

A Dirección Xeral de Política Lingüística exercerá ou colaborará, segundo o caso, nas funcións derivadas da promoción e ensino da lingua galega.

Para exerce-las súas funcións, a Dirección Xeral de Política Lingüística estructúrase da seguinte forma:

1. Subdirección Xeral de Promoción e Ensino da Lingua Galega.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración das propostas e planificación ordenadas desde a comisión coordinadora ou desde a consellería, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística; a coordinación e xestión dos cometidos e actividades de promoción da lingua galega e dos plans e programas pedagóxicos para o ensino da nosa lingua; o control orzamentario da dirección xeral e a súa coordinación económico-administrativa.

Para o desenvolvemento das súas funcións esta subdirección xeral contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Plans e Programas do Ensino da Lingua Galega.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Executa-los plans, programas e orientacións pedagóxicas para o ensino da lingua galega nos diferentes niveis, ciclos e modalidades da educación non universitaria, elaborados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en coordinación coa Dirección Xeral de Formación Profesional e Ordenación Educativa.

-Promover e organizar congresos e seminarios en materia de lingua galega.

-Emitir informe no aspecto lingüístico-normativo sobre os libros de texto escritos en galego e supervisa-la correspondente producción de material didáctico de apoio ós centros de ensino.

-Coordina-los cursos de formación de lingua galega dirixidos a funcionarios públicos e a particulares que organice a dirección xeral, e expedi-los certificados e títulos correspondentes a estes cursos.

-Propoñe-la homologación e recoñecemento de certificacións de cursos de lingua galega.

-Estudiar e instruí-los recursos sobre expedientes de exención da materia de lingua galega, de acordo coa lexislación que lle resulte aplicable.

-Desenvolver calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, lle sexa encomendada.

1.2. Servicio de Xestión e Promoción Lingüística.

Correspóndelle, baixo a dirección do subdirector xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Exerce-la xestión económico-administrativa da Dirección Xeral de Política Lingüística e o control do seu orzamento, así como elabora-lo anteproxecto de orzamento desta dirección xeral.

-Prepara-la proposta de convocatorias e realiza-lo seguimento e pagamento das subvencións precisas para a promoción da lingua galega.

-Xestiona-la contratación administrativa necesaria para a realización de actividades de promoción da lingua galega, e controlar e xestionar convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares.

-Realiza-lo seguimento económico das actividades que para a promoción da lingua e literatura galegas, en España ou no estranxeiro, leve a cabo a dirección xeral.

-Calquera outra función que en relación con estas materias lle sexa encomendada.

1.3. Servicio para a Administración do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

-Realiza-la xestión económico-administrativas do centro Ramón Piñeiro.

-Controla-los custos das súas actividades e a presentación de balances económicos á Dirección Xeral de Política Lingüística.

-Asistir e apoia-lo coordinador científico, segundo o establecido polo Decreto 25/1993, do 11 de febreiro, polo que se crea o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro e se regula o seu funcionamento.

VII. As Delegacións Provinciais.

Artigo 10º

En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma existirá unha delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co establecido no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, polo que se reorganiza a Administración periférica da Xunta de Galicia e se regulan as competencias dos seus órganos territoriais.

Nos seus ámbitos territoriais, correspóndelles ás delegacións provinciais desempeña-las competencias determinadas no devandito Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e as derivadas da desconcentración de competencias efectuada en virtude dos Decretos 87/1990 e 88/1990, ámbolos dous do 15

de febreiro, así como todas aquelas que lle sexan atribuídas por disposición legal ou lle sexan delegadas polo conselleiro.

Para o cumprimento dos seus cometidos, cada delegación provincial contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio.

Artigo 11º

1. Secretaría da delegación.

Correspóndelle á secretaría provincial, baixo a autoridade e supervisión do delegado, o exercicio das seguintes funcións:

-As relativas ó réxime interior e a tramitación administrativa e a coordinación superior do persoal.

-A elaboración do anteproxecto do orzamento da delegación e a administración, o control contable e a xustificación de créditos que lle fosen asignados.

-A supervisión do Gabinete de Normalización Lingüística.

-A elaboración de estatísticas naquelas materias que sexan da súa competencia.

-En xeral, prestarlle asesoramento e asistencia técnica e administrativa ó delegado, ó que substituirá nas súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

2. Servicio Provincial de Inspección.

Desenvolverá as seguintes funcións:

-Asesorar, informar e orienta-los distintos sectores da comunidade educativa.

-Inspecciona-los centros docentes públicos e privados non universitarios e os servicios educativos.

-Supervisa-las actas de avaliacións parciais e finais.

-Propoñer medidas respecto á xestión dos recursos educativos e as demais funcións establecidas no Decreto 135/1993, do 24 de xuño.

3. Servicio de Persoal.

Desenvolverá, baixo as directrices do secretario provincial, as seguintes funcións:

-Elabora-las nóminas dos funcionarios dependentes da delegación e as dos centros públicos e concertados.

-Tramita-los expedientes administrativos do persoal docente e non docente, especialmente en relación co concurso de traslados, cumprimento de trienios e sexenios, licencias, permisos, etc.

-Calquera outra función que neste sentido lle sexa encomendada.

4. Servicio de Promoción Estudiantil.

Desenvolverá as seguintes funcións:

-Recolle-los datos do trazado dos itinerarios escolares, das súas paradas, e das dificultades téc

nicas nas diversas manobras efectuadas diariamente nos percorridos do transporte escolar.

-Analiza-los datos sobre a velocidade e a seguridade co que se prestan os servicios de transporte escolar.

-Tramita-los asuntos relacionados cos servicios de transporte escolar, comedores e escolas-fogar, baixo as directrices do Servicio de Xestión do Transporte Escolar e dos Servicios Educativos Complementarios.

-Coordinar cos servicios provinciais de transportes das delegacións da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a verificación da aptitude técnica dos vehículos destinados a transporte escolar, e, en especial, que cumpren cos requisitos esixidos no Real decreto 2296/1983, sobre seguridade no transporte escolar.

-Xestiona-las bolsas e axudas ó estudio e tramita-las solicitudes de títulos e libros de cualificación.

-Calquera outra que lle sexa encomendada, en relación con estas materias.

5. Servicio de Programación e Contratación.

Desenvolverá as seguintes funcións:

-Instruí-los expedientes de creación, modificación e supresión de centros públicos e privados non universitarios que sexan de titularidade da consellería; así como dos expedientes de desafectación de centros públicos, dependentes da Administración galega.

-Subvencións de unidades de preescolar e tramitación de concertos educativos.

-Xestiona-los expedientes de contratación de obras, en colaboración co servicio da unidade técnica adscrita á delegación provincial.

-Tramita-los expedientes de equipamento e dotación artística.

-Xestión das escolas viaxeiras.

-Calquera outra que, relacionada con estas materias, lle sexa encomendada.

6. Servicio da Unidade Técnica.

Desenvolverá as seguintes funcións:

-Elaborar e supervisa-los proxectos de obras de reforma, ampliación e/ou mellora das obras programadas pola Secretaría Xeral ou que execute a delegación provincial correspondente; así como os proxectos, reformados e/ou complementarios que lle encomende a Secretaría Xeral da consellería.

-Dirixir, inspeccionar, xestionar e vixia-las obras que vaia executa-la consellería na provincia; e singularmente as derivadas do desenvolvemento de plans ou programas especiais, como pode se-lo do sistema universitario de Galicia ou o de desenvolvemento da rede de centros nesta comunidade.

-Controlar e emitir informe nas obras de reparación, ampliación e mantemento dos inmobles a

cargo da consellería, así como de actualiza-lo inventario de obras e as necesidades en centros educativos públicos e privados.

-Informar sobre a adecuación á normativa vixente dos proxectos de obras que realicen os centros privados, e controlar posteriormente a correcta execución destas.

-Calquera outra de carácter técnico que lle sexa encomendada polo delegado provincial de Educación ou polo Secretario Xeral da consellería.

IX. Os Órganos colexiados.

Artigo 12º

Son órganos colexiados da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os seguintes:

1. O Consello Escolar de Galicia, creado pola Lei 3/1986, do 18 de decembro.

2. O Consello Universitario de Galicia, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo.

3. O Consello Galego de Ensinanzas Tecnolóxico-profesionais, creado polo Decreto 348/1990, do 22 de xuño, e modificado polo Decreto 223/1994, do 7 de xullo.

4. O Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos, creado pola Lei 9/1992, do 24 de xullo.

5. A Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, creada pola Lei 12/1993, do 6 de agosto.

6. O Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, creado pola Lei 12/1993, do 6 de agosto.

7. A Comisión de Selección de Política Científica, creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio.

Disposición transitoria

Única.-Cando como consecuencia da estructura orgánica que se establece no presente decreto se modifique a denominación ou o contido das direccións xerais, subdireccións xerais ou servicios existentes con anterioridade, ou se suprima algunha das ditas unidades, autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta do director xeral de Persoal, a readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior nivel se se trata de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os ditos postos fosen cubertos da forma regulamentariamente establecida, sen que en ningún suposto poida significa-la readscrición ou adscrición cambio de residencia.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogados os decretos 232/1994, do 14 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e o Decreto 236/1995, do 28 de xullo, polo que se modifica o anteriormente citado, así como calquera outra disposición de igual ou inferior rango que se opoña a este decreto.

Disposición derradeira

Primeira.-Esta nova estructura orgánica non supón aumento do gasto.

Segunda.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento do presente decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9606988