Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións que se citan.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

-Obxecto da contratación: edición e subministración de 1.000 exemplares da obra Lírica profana galego-portuguesa (volumes I e II).

Empresa adxudicataria: Difux, S.L.

Orzamento de adxudicación: 3.750.000 ptas.

-Obxecto da contratación: edición e subministración de 1.000 exemplares do facsímile do suplemento Del Sábado de La Noche (1949-1950).

Empresa adxudicataria: Editorial Compostela, S.A.

Orzamento da adxudicación: 4.484.000 ptas.

-Obxecto da contratación: edición e subministración de 2.000 exemplares dun vídeo-libro sobre a figura do galeguista Ramón Piñeiro.

Empresa adxudicataria: Ophiusa Productora de Vídeo, S.L.

Orzamento de adxudicación: 5.500.000 ptas.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

6129