Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo das empresas Instalaciones y Servicios La Artística, S.A., La Artística Productos Químicos, S.A. e Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo).

Visto o expediente do convenio colectivo para as empresas Instalaciones y Servicios La Artística, S.A., La Artística Productos Químicos, S.A. e Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e, da parte social, polos delegados de persoal de Instalaciones y Servicios La Artística, S.A., La Artística Productos Químicos, S.A. e o comité de empresa de Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo), con data 10-7-1996. De conformidade co dispsoto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

esta delegación provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de xullo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo das empresas Instalaciones y Servicios La Artística, S.A., La Artística Productos Químicos, S.A. e Alonarti Envases, S.A. (centro de Vigo), para o ano 1996

Artigo 1º.-Partes asinantes e ámbito.

Son partes asinantes do presente convenio colectivo, pola parte económica, a representación das empresas Insataciones y Servicios La Artística, S.A., La Artística Productos Químicos, S.A., e Alonarti Envases (centro de Vigo) S.A., pola parte social, os delegados de La Artística Productos Químicos, S.A. e Instalaciones y Servicios La Artística, S.A. e o comité de Alonarti Envases (centro de Vigo), S.A.

Este convenio que se concerta entre a representación económica e social das empresas citadas será de aplicación a todo o seu persoal.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio terá vixencia durante o ano 1996, do 1 de xaneiro ó 31 de decembro. Calquera que sexa a data do seu asinamento ou publicación no Diario Oficial de Galicia, os efectos económicos retrotraeranse en todo caso ó 1 de xaneiro de 1996.

Este convenio prorrogarase por un ano máis, agás denuncia dalgunha das partes cun mes de antelación á fin da súa vixencia. Denunciado o convenio subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 3º.-Normas supletorias.

Serán as de carácter xeral.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Este convenio garante como mínimo as condicións existentes, aplicándose sobre eles os seus beneficios.

Respectaranse os dereitos adquiridos e condicións máis beneficiosas que están establecidas nas empresas á entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 5º.-Xornada e vacacións.

A xornada anual será de 1.768 horas de traballo efectivo e as vacacións anuais de 30 días ininterrompidos. A xornada diaria será de 8 horas de traballo.

No presente ano 1996, La Artística Productos Químicos, S.A. desfrutará as vacacións en dous períodos, polo que terá unha reducción de 8 horas sobre as 1.768 horas, quedando a súa xornada anual efectiva en 1.760 horas de traballo.

Os días establecidos como descanso ou vacacións serán retribuídos como tempo efectivo de traballo.

Artigo 6º.-Xornada nocturna.

O plus de nocturnidade devengará entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte, coa excepción da media hora da quenda de tarde que non terá esa consideración para ningún efecto. A xornada nocturna será de 35 horas semanais e o persoal que a realice percibirá unha gratificación de 2.186 ptas. por noite traballada. Para os demais traballos nocturnos aboaranse 270 ptas. por hora traballada. Se o número de horas excede de 4, aboaranse 1.998 ptas. todo iso independentemente do 25% de nocturnidade.

Artigo 7º.-Salario.

O incremento do presente convenio será do 4,0% sobre o salario base, o seu importe será o que figura nas táboas anexas. Tamén será aplicable ós demais conceptos do convenio.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal percibirá 2 pagas extraordinarias, unha no mes de xullo pagadeira na primeira quincena e outra en decembro pagadeira do 15 ó 18, o seu importe será o de 30 días de salario base e maila antigüidade que corresponda.

Artigo 9º.-Beneficios.

Todo o persoal percibirá unha gratificación anual que se devengará semestralmente do 15 ó 20 des meses de xaneiro e xullo. En xaneiro a correspon

dente ó segundo semestre do ano anterio (1995) e en xullo, a do primeiro semestre do ano que corre (1996). Consistirá no 10% sobre o salario base, sobre a antigüidade e sobre as dúas pagas extras, efectivamente percibidas.

Artigo 10º.-Accidente laboral.

As baixas por accidente laboral non darán lugar á perda da paga de beneficios, a cal se percibirá como se se traballase.

Ademais para os accidentes que dean lugar a IT ocorridos dentro do recinto da empresa ou durante as horas en que estea prestando servicio ás empresas, a retribución que percibirán será a seguinte:

-Os primeiros 7 días: 7% do salario convenio.

-Do día 8 en diante: 100% do salario convenio.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio consistente no 5% do salario base, por cada quinquenio cumprido na empresa, ata un máximo de cinco quinquenios.

Estes comezarán a computarse desde a data de ingreso na empresa, e o seu importe percibirase desde o primeiro día do trimestre natural en que se cumpra o seu vencemento.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Tenderase á supresión das horas extraordinarias que non veñan impostas por causas de forza maior ou que teñan carácter estructural. Enténdense como horas extraordinarias estructurais as definidas como tales no RD 1.858/1981, do 20 de agosto, así como:

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidades de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

b) Horas extraordinarias necesarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate; mantemento, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

As horas extraordinarias que se realicen en sábados ou vésperas de festivos retribuiranse na mesma contía cás festivas.

Todo o persoal que realice horas extras percibirá as seguintes cantidades por día:

-Ata 2 horas: 750 ptas.

-Máis de 2 horas: 1.499 ptas.

O persoal que entre de maneira habitual media hora antes da xornada, percibirá 189 ptas. por día. Sempre que este persoal realice outras horas percibirá as cantidades establecidas como norma xeral, sen prexuízo das que cobrase pola media hora da mañá.

O importe das horas extraordinarias será o que figura na táboa anexa.

Artigo 13º.-Falecemento dun traballador.

En caso de falecemento dun traballador, a empresa aboaralle ó seu cónxuxe, no seu defecto ós fillos e no seu defecto ós pais, nesa orde e sempre que dependan economicamente do traballador falecido, as cantidades que se relacionan segundo as seguintes causas:

a) Se o falecemento é debido a enfermidade ou accidente non laboral: 500.000 ptas.

b) Se o falecemento é debido a accidente laboral: 860.000 ptas.

Artigo 14º.-Categorías profesionais.

Substitúese a categoría de aprendiz menor de 18 anos pola de aprendiz, cos salarios que figuran na táboa anexa.

Os especialistas de 2ª serán promovidos á categoría de especialistas de 1ª como máximo ós 6 meses de antigüidade na empresa.

Os porteiros e serenos equiparanse como mínimo a especialistas de 1ª en categoría e retribución.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

As empresas proverán ós seus traballadores da roupa necesaria para o exercicio do seu labor, e non poderán ser inferior a dous ó ano.

Artigo 16º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Pagarase co incremento do 6% sobre o que estivo en vigor en 1995. Computarase por períodos semanais e terán dereito a el o persoal que non cometese máis dunha falta de asistencia ou puntualidade durante o dito período e alcanzará ós días traballados e mailos domingos e festivos.

Non obstante o exposto no parágrafo anterior, o dito plus percibirase igualmente nos seguintes supostos:

a) Cando o traballador se ausente para cumprir funcións de carácter sindical.

b) Durante os períodos regulamentarios de vacacións.

c) Cando o traballador se ausente por causas de citacións xudiciais ou gobernativas ou para asistir a algún exame por estudios oficiais, mesmo o obrigatorio para obte-lo permisos de conducir e para a obtención ou renovación do DNI:

d) Durante os días traballados na semana na que se produza a baixa ou a alta, orixinados por causa de accidente laboral.

e) Por asistencia a consulta médica.

f) Durante os días en que o traballador estea ausente con permiso por causa de morte dos pais, cónxuxe, fillos, avós, netos e irmáns. En caso de convivencia co traballador, calquera persoa.

g) Durante o permiso motivado por parto da esposa, intervención cirúrxica ou enfermidade grave dos familiares abranguidos no apartado f.

Artigo 17º.-Traballo tóxicos, penosos e perigosos.

Os traballadores que prestasen servicios para as empresas o 1 de xaneiro de 1996 e que, conforme

o artigo 60 da Ordenanza laboral para a industria metalgráfica, viñan percibindo o plus de traballos tóxicos, penosos e perigosos na contía establecida no anterior convenio, conservarán o dito dereito a pesar da derrogación da ordenanza, percibindo o plus na contía do ano anterior, incrementada coa mesma porcentaxe pactada para a táboa salarial do convenio.

Artigo 18º.-Incapacidade permanente parcial.

Cando ó traballador se lle declare unha incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, a empresa terá a obriga de admitilo e proporcionarlle traballo que non supoña diminución na súa remuneración, a cal deberá manterse na contía íntegra que lle corresponda, segundo a súa categoría profesional.

Artigo 19º.-Axuda escolar.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir por cada fillo escolarizado, a cantidade de 2.750 ptas. mensuais, durante os doce meses do ano, e na idade de 3 a 23 anos, logo de xustificación.

Artigo 20º.-Axuda a minusválidos.

Os traballadores beneficiarios da prestación de minusvalidez da Seguridade Social, percibirán por parte da empresa unha xuda de 18.048 ptas. mensuais.

Artigo 21º.-Xubilacións.

Os traballadores que se xubilen entre os 60 e 65 anos percibirán da empresa as cantidades segundo se detallan na seguinte escala:

-Ós 60 anos 900.000 ptas.

-Ós 61 anos 790.000 ptas.

-Ós 62 anos 695.000 ptas.

-Ós 63 anos 600.000 ptas.

-Ós 64 anos 525.000 ptas.

-Ós 65 anos 460.000 ptas.

Artigo 22º.-Baixas por incapacidade permanente absoluta.

Os traballadores que causen baixas por incapacidade permanente, no grao de absoluta, por proposta da Comisión Técnica Cualificadora Provincial ou Central da Seguridade Social, percibirán por parte da empresa 525.000 ptas. por unha soa vez, calquera que sexa a súa idade.

Artigo 23º.-Ausencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible antelación e xustificándoo, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) Durante tres días, que poderán ampliarse ata dous máis, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para efectos de:

Nos casos de parto da esposa, enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillos, pai ou nai, netos, avós e irmáns. En caso de convivencia co traballador, calquera persoa.

b) Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

c) Un día natural en caso de casamento de fillos, irmáns ou pais.

d) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical, nos casos representativos e non excedendo de 40 horas laborais ó mes.

e) As nais con fillos menores de nove meses terán unha reducción dunha hora na xornada laboral, a cal será retribuída pola empresa.

f) A empresa aboará un permiso retribuído de 15 días en caso de casamento.

Nos parentescos enténdese tanto nos graos de consanguinidade como de afinidade.

Artigo 24º.-Plus de transporte.

Incrementarase no 4,0%.

Artigo 25º.-Maternidade.

As traballadoras en período de xestación poderán solicita-lo cambio parcial ou temporal de posto de traballo, sempre que a xuízo do médico de empresa e do seu xinecólogo o posto que desempeña lle proporcione dificultades anormais.

A empresa complementará á traballadora desde a súa baixa por maternidade o 100% do seu salario durante 16 semanas.

Artigo 26º.-Funcións do comité de empresa.

De acordo co convido nas leis, os comités terán facultades para intervir en materia de:

a) Negociación colectiva.

b) Seguridade e hixiene.

c) Expedientes de regulación de emprego.

d) Folga.

e) Ser informados trimestralmente pola empresa, acerca da situación e marcha xeral dela.

E serán informados do mesmo modo, en materia de:

a) Mobilidade do persoal.

b) Imposición de sancións e despedimentos.

c) Evolución do emprego e horas extras.

As empresas facilitarán un local para o funcionamento dos comités, dotado de arquivos para a súa documentación e máquina de escribir. Para a reproducción de circulares ó persoal procurarán facilitárlle-lo seu servicio de multicopista compatibilizándoo co traballo normal das oficinas.

Artigo 27º.-Asembleas.

Poderán ter lugar dentro dos locais de ámbalas firmas, fóra de horas de traballo, cando o soliciten da empresa o comité ou o 20% dos traballadores, polo menos con 48 horas de anticipación á súa celebración.

Mentres non se destine a outro fin, o local que cederá a empresa será o mesmo utilizado ata agora.

Artigo 28º.-Cota sindical.

As empresas descontaranlles ós traballadores afiliados ós sindicatos con representación do 10% de delegados no comité e pertenzan a centrais de ámbito nacional, de nacionalidade ou rexión, a cota sindical logo de conformidade por escrito.

Os mencionados escritos dos traballadores terán unha vixencia mínima dun ano, agás comunicación en contrario do interesado.

Artigo 29º.-Seccións sindicais.

Terán as seguintes garantías:

a) No suposto de medidas disciplinarias contra calquera afiliado, as empresas xunto ó escrito de sanción ó interesado, entregrarán copia para a súa sección sindical.

b) Poderán difundir libremente as publicacións da súa central, cobrar cotas e afiliar, sen máis limitacións que a non obstaculización da producción.

c) As seccións sindicais coa representación mencionada no presente artigo poderán realizar asembleas, fóra de horas de traballo, nos locais da empresa, logo de solicitarllo a esta.

d) As seccións sindicais de empresas que cumpran o 10% disporán para o conxunto dos seus afiliados de ata un máximo de 7 días anuais de licencia non retribuída, para asistencia a cursos, congresos, etc., dunha central.

A licencia requirirá notificación á empresa cunha semana de antelación.

e) A empresa virá obrigada a concede-la excedencia polo tempo necesario para os traballadores que ocupen un cargo sindical con carácter polo menos provincial.

Artigo 30º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística, rexistrase o 30 de setembro de 1996 un incremento respecto ó 31 de decembro de 1995 superior ó 3,8% (tres con oito por cento), efectuarase unha revisión salarial ten pronto se constate oficialmente a dita circunstancia. Este revisión, no suposto de que haxa que facela efectiva, será sobre os meses de outubro, novembro e decembro de 1996 e consistirá na aplicación do exceso sobre o citado tanto por cento ás retribucións vixentes o 31 de decembro de 1995.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Crearase unha comisión paritaria integrada por tres representantes dos traballadores e tres representantes das empresas. Será presidida pola persoa que a mesma comisión designe por ámbalas partes. A comisión poderá actuar sen presidente, se así o acordase.

Será función principal da comisión paritaria interpreta-las cláusulas do convenio pronunciando unha arbitraxe nas cuestións controvertidas que se presenten.

Artigo 32º.-Transitorio.

En futuras negociacións de convenio tratarase de buscar fórmulas que permitan a desconxelación paulatina e equitativa dos conceptos que actualmente están en tal situación.

Artigo 33º.-Retribución do persoal feminino.

Observarase o establecido no artigo 28 do Estatuto dos traballadores.

Vigo, 10 de xullo de 1996.

-Por Alonarti Envases (centro de Vigo), S.A.

Representantes dos traballadores:

Alberto González Docampo.

Margarita Cerdeira Rodríguez.

Ángeles Chantada Garrido.

Celestino Suárez Vallina.

Representante da patronal.

Fernando Romero Fadrique.

-Por Instalaciones y Servicios La Artística, S.A.

Representante dos traballadores:

Dolores Miguens Castro.

Representante da patronal:

Juan Ferradáns Villar.

-Pola Artistica Productos Químicos, S.A.

Representantes dos traballadores:

J. Carlos Goberna Pérez.

José París Lago.

Representante da patronal:

Teresa Ramos Barbosa.

CategoríasTáboa salarial de 1995Táboa salarial de 1996

Importe

Día/mes

Hor.Ext.

Normais

Hor.Ext.

Festivas

Importe

Día/Mes

Hor.Ext.

Normais

Hor.Ext.

Festivas

Grupo de operarios

Aprendiz2.599,769871.1592.703,751.0261.205
Peón3.122,511.2271.4383.247,411.2761.496
Espta. 2ª3.227,791.2481.4683.356,901.2981.527
Espta. 1ª3.325,99(1) 1.2791.4893.459,03(1) 1.3301.549
Oficial 3ª3.620,71(2) 1.3481.5803.765,54(2) 1.4021.643
Oficial 2ª3.954,00(3) 1.4891.7404.112,16(3) 1.5491.810
Oficial 1ª4.139,96(4) 1.5691.8314.305,56(4) 1.6321.904
Of. Es. Litog.4.357,481.6901.9744.531,781.7582.053
Prtº/sereno3.325,99(1) 1.2791.4893.459,03(1) 1.3301.549
Almaceneiro3.620,71(2) 1.3481.5803.765,54(2) 1.4021.643

Grupo de administrativos

Xefe 1ª143.6521.8512.162149.3981.9252.248
Xefe 2ª135.0871.8512.162140.4901.9252.248
Oficial administrativo 1ª125.924(4) 1.5691.831130.961(4) 1.6321.904
Oficial administrativo 2ª120.268(3) 1.4891.740125.079(3) 1.5491.810
Auxiliar adminsitrativo110.130(2) 1.3481.580114.535(2) 1.4021.643
Telefonista101.166(1) 1.2791.489105.213(1) 1.3301.549

Grupo de técnicos

Delineante 3ª113.6391.4201.650118.1851.4771.716
Delineante 2ª120.3731.4891.740125.1881.5491.810
Delineante 1ª127.3191.6011.872132.4121.6651.947
Mestre encargado143.4041.8512.162149.1401.9252.248
Encargado sección136.4361.7322.011141.8931.8012.091
Titulado medio143.6521.8512.162149.3981.9252.248
Titulado superior186.5441.8512.162149.0061.9252.248

6739