Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Médicos de Residencias de Ancianos y de Centros Socio-Sanitarios Geriátricos de la Comunidad Autónoma de Galicia.

En cumprimento do dispsoto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectois previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da Asociación Profesional de Médicos de Residencias de Ancianos y de Centros Socio-Sanitarios Geriátricos de la Comunidad Autónoma de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidad Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos titulados en medicina e cirurxía que presten os seus servicios profesionais nas residencias de anciáns e centros socio-sanitarios xeriátricos, tanto públicos como privados, e noutros centros asistenciais de anciáns.

Asinan a acta de constitución: J.A. Breijo Devesa e catorce persoas máis.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 1996.

Juan pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

6527