Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do IGVS na Coruña o 19 de xuño de 1991.

De conformidad co disposto no aritog 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 91/1614 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, do 19 de xuño de 1991, pola que se acordou denega-las axudas económicas solicitadas para a adquisición dunha vivenda de protección oficial promoción privada co expediente número 15-1-0012/89; do que a súa parte dispositiva di:

«Declarar inadmisible por extemporáneo o recurso de alzada número V-1614/91 interposto por Felipe Vilas Gómez contra a resolución do delegado provincial do IGVS na Coruña, do 19 de xuño de 1991, pola que se acordou denegarlle a concesión da subvención a Felipe Vilas Gómez e recoñecerlle o dereito a que o tipo de xuro subsidiado sexa do 11% anual; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 19 de agosto de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6488