Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (303/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse, co nº 30/1996, autos de separación conxugal, por instancia de Armando Manuel Gómez Iglesias, representado pola procuradora Arcos Romero, contra Miralis Santiesteban Domínguez, ausente en paradoiro descoñecido para o demandante. E por medio da presente cédula, emprázase a dita demandada co fin de que, no prazo de vinte días, compareza nos referidos autos por medio de avogado e procurador e conteste a demanda, baixo apercibimento de que, de non o facer, será declarada en rebeldía e teráselle por precluído o trámite de contestación.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de emprazamento á expresada demandada, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o quince de xullo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

6550