Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación municipal, en sesión de data 29 de xuño de 1996, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do plan parcial Santa Comba, para inclusión do uso hoteleiro, e conseguinte modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana.

De conformidade coa modificación puntual aprobada, engádese á ordenanza reguladora o artigo 32, que di textualmente:

Artigo 32.-Zona de uso mixto.

Tipo de ordenación: edificación adosada.

Parcela mínima: 200 m.

Ocupación máxima: 40%.

Altura máxima edificable: 2 plantas de 6 m.

Coeficiente de edificabilidade: 2,3 m/m.

Retranqueo a fachada: 5 m.

Retranqueos a lindeiros: 0 m.

Usos admitidos: vivenda; usos comerciais: categoría 1ª e 2ª; industrial: categoría 1ª; administrativo ou oficinas: categoría 1ª, 2ª e 3ª; docente: categoría 1ª e 2ª; sanitario: categoría 1ª e 2ª; uso hoteleiro: categoría 1ª e 2ª. Definindo estes usos da seguinte maneira:

-Usos comerciais:

Categoría 1ª: locais comerciais situados en semisotos e planta baixa, compatibles co uso de vivenda e outros usos.

Categoría 2ª: edificios dedicados en máis do 60% da súa superficie a uso comercial e o resto a outros usos.

-Industrial:

Categoría 1ª: actividades industriais e artesanais compatibles coa vivenda: obrador familiar ou artesanal.

Son aquelas que non supoñen prexuízo de ningún tipo á vivenda e pódense desenvolver nos mesmos edificios que serven de habitación humana.

Esas actividades realízanse familiarmente ou cun número pequeno de empregados, non provocan molestias e os seus productos son necesitados na zona.

Só se poderán instalar en plantas baixas ou en semisotos de edificios destinados ó uso da vivenda ou en edificios auxiliares exclusivos, situados na parcela.

Prohíbese a súa instalación en plantas de pisos ou áticos, coas únicas excepcións de estudios de fotografía, pintura ou semellantes e perruquerías.

-Administrativo ou oficinas:

Categoría 1ª: oficinas e despachos profesionais anexos á vivenda do titular.

Categoría 2ª: oficinas e despachos en plantas baixas, altas ou áticos de edificios sen acada-lo 60% do total da superficie.

Categoría 3ª: edificios oficiais e oficinas con máis do 60% da superficie total edificada dedicada a uso de oficinas e o resto a outros usos.

-Docente:

Categoría 1ª: centros con menos de 50 prazas escolares.

-Sanitario:

Categoría 1ª: edificios para tratamento: diagnóstico, primeiros auxilios, etc., sen hospitalización.

Categoría 2ª: edificacións dedicadas en todo ou en parte ó aloxamento de enfermos.

-Uso hoteleiro:

Definición: corresponde a aqueles edificios de servicio ó público que se destinan ó aloxamento temporal.

Clasificación: considéranse as seguintes categorías:

Categoría 1ª: establecementos de ata 20 camas e menos de 500 m de superficie; categoría 2ª: establecementos de máis de 20 camas e de máis de 500 m de superficie.

Condicións:

a) Ademais das condicións de uso, volume e ordenanzas da zona, cumprirán a totalidade da normativa vixente na materia, así como coas condicións hixiénico-sanitarias de aplicación para o uso da vivenda.

b) Deberán dispoñer, como mínimo, de 1 praza de aparcamento por cada 3 habitacións.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 124 do RDL 1/1992, do 2 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo.

Vilagarcía de Arousa, 12 de xuño de 1996.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273