O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188,
do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental de implantación dunha planta de tratamento de residuos sanitarios, radicada no lugar coñecido como Acevedo, concello de Cerceda (A Coruña) e solicitado por Remesa.
Para os efectos informativos poñerase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para a súa consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
9606757