Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.482

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (406/1995).

Eu, Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de menor contía número 406/1995, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, un de xullo de mil novecentas noventa e seis. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 406/1995, por instancia de Ángel Brey Castro, representado polo procurador Barreiro Fernández asistido do letrado Maroño Gargallo, contra Carmen Rúa Lestón, representada pola procuradora Goimil Martínez, asistida da letrada Pena Moreira e contra Juan Domingo Campos Rúa declarado en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de certa cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Barreiro Fernández en nome e representación de Ángel Brey Castro, contra Carmen Rúa Lestón, representada pola procuradora Goimil Martínez e contra Juan Domingo Campos Rúa, declarado en rebeldía procesual. Son condenados solidariamente a aboarlle ó demandante a cantidade dun millón cincuenta e cinco mil oitocentas corenta e oito pesetas (1.055.848 ptas.), así como os xuros legais desde a interposición da demanda e as custas procesuais.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días a contar desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Auto de rectificación.

«En Santiago de Compostela, trece de xullo de mil novecentos noventa e seis. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous viu os presentes autos e dictou resolución cos seguintes:

Dispoño que se rectifica o erro manifesto cometido ó transcribi-la sentencia de data un de xullo de mil novecentos noventa e seis no sentido de que se condena ós demandados solidariamente a aboarlle ó demandante a suma de novecentas cincuenta e cinco mil oitocentas corenta e oito pesetas, mantense en todo o demais a mencionada resolución e forma esta parte daquela».

A sentencia e auto de rectificación foron publicados no mesmo día das súas respectivas datas polo maxistrado-xuíz que a subscribe.

Para que conste e para que sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Juan Domingo Campos Rúa, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, vintenove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

6518