Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 271/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Enseada-Esteiro que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.76 da L.M.T. existente ó C.T. Lordelo rematando no apoio n.1 desta liña proxectada, desde onde continua subterránea ata o C.T. que se proxecta en Esteiro, concello do Grove.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 56 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de

formigón, e 61 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V. R.B.T., subterránea, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 7.039.552 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9606458