Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade púbica da instalación eléctrica L.M.T. derivación a Pascual, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente Lalín II rematando no apoio n.º4 da L.M.T. ó C.T. Pascual, concello de Lalín.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 291 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
Orzamento: 1.661.676 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 29 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9606462