Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. interior no Molino, Reboredo.
Situación: Carral.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo, e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 200 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Pedrido-Carral (expediente 5840) e remate no C.T. que se vai instalar no edificio Molino, Reboredo.
Centro de transformación, tipo interior, no edificio antes indicado, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, con celas de protección de liñas e de trafo en SF6. Concello de Carral.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 8 de agosto de 1996.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial en funcións
6452