Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1996, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de subministración que se cita.

O delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo con sede en Celeiro-Viveiro, en virtude das facultades conferidas

pola normativa vixente de contratación, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora: Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro.

2. Obxecto do contrato: adquisición de dous vehículos todo terreo con destino ós seus servicios.

Publicado por Resolución do 2 de xullo de 1996 da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro no DOG nº 135, do 10-7-1996.

3. Tramitación: concurso público aberto e con tramitación de urxencia.

4. Presuposto de licitación: 5.500.000 pesetas.

5. Adxudicación: por resolución do delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro do 31 de xullo de 1996.

Empresa: Talleres J. e M. Fernández, S.L.

Importe de adxudicación: 5.500.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Celeiro-Viveiro, 23 de agosto de 1996.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

6471