Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de agosto de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada F.M. número 3, a favor de Rafael Sánchez Mora, Ángel M. Sánchez Abalo e Mª Carmen Blanco Tomé.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: F.M. nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula nº 107.

Data da concesión: 22-12-1954.

Data do remate da última prórroga: 16-1-2005.

Anterior concesionario: Rafael Sánchez Mora e Gabriel Fernández Somoza.

Novo titular da concesión e batea: Rafael Sánchez Mora, Ángel M. Sánchez Abalo e Mª Carmen Blanco Tomé.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 21 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

6469