Recibida da sección primeira da Sala do Contenicoso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contenicoso-administrativo número 01/0001702/1996, interposto polo recorrente contra a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de maio 1996 (DOG do 29), pola que se regula o proceso de adscrición dos fun
cionarios do corpo de mestres afectados pola implantación da educación primaria e do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co dispsoto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1996.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Sr. Director Xeral de Persoal
6702