Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 12 de setembro de 1996 Páx. 8.343

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 26 de agosto de 1996 pola que se precisa a efectividade económica do novo modelo retributivo das unidades e servicios de atención primaria establecido no Decreto 226/1996, do 25 de abril.

Polo Decreto 226/96, do 25 de abril, regulouse no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria.

De conformidade co previsto na disposición derradeira do devandito decreto, este sistema retributivo só se fará efectivo coa adopción das medidas de execución e desenvolvemento que dicte a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Para estes efectos, esta consellería, en uso das súas facultades,

DISPÓN:

Artigo 1º

O persoal estatutario que desempeñe postos de traballo das unidades e servicios de atención primaria de Galicia retribuídos de conformidade co Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, correspondentes ás categorías de médicos xerais, pedia

tras, odontólogos, ATS/DUE, fisioterapeutas e asistentes sociais, percibirá as súas remuneracións de conformidade co sistema establecido no Decreto 226/96, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria con efectividade económica do día 1 de setembro do presente ano.

Artigo 2º

O persoal ó que fai referencia a disposición transitoria primeira do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, na súa redacción dada polo Decreto 161/1996, do 25 de abril, que pase a desempeñar postos de traballo nas unidades e servicios de atención primaria como consecuencia da integración á que fai referencia a devandita disposición, percibirá as súas remuneracións de conformidade co sistema establecido no Decreto 226/1996, do 25 de abril, con efectividade económica da data de aprobación da referida integración.

Artigo 3º

O persoal que desempeñe postos de traballo de categorías relacionadas na disposición adicional primeira do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, na súa redacción dada polo Decreto 161/1996, do 25 de abril, que non ostente a condición de propietario, será remunerado de conformidade co sistema establecido no Decreto 226/96, do 25 de abril, con efectividade desde a data na que o seu posto de traballo pase a integrarse no novo sistema como consecuencia da constitución da correspondente unidade ou servicio de atención primaria, manténdoselle mentres o seu réxime xurídico e retributivo anterior de conformidade co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 200/1993, na redacción dada polo Decreto 161/1996, do 25 de abril.

Artigo 4º

Por resolución da Dirección Xeral de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde determinaranse as localidades incursas na consideración de illamento e o grao de dispersión xeográfica da poboación asistida correspondentes ós postos de traballo das unidades e servicios de atención primaria, para os efectos do previsto no artigo 7º, apartado a) e do Decreto 226/1996, do 25 de abril, e de conformidade co disposto nos Anexos VIII e IX da devandita disposición.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse os órganos do Servicio Galego de Saúde para adoptar, no ámbito das súas competencias, as medidas necesarias para o desenvolvemento e execución da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

5738