Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a infor
mación pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Pena-Caeiro coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. Igrexario (Agrela) rematando no C.T. que se proxecta en Pena-Caeiro, concello de Marín.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 119 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
C.T. de 50 kVA, relación de transofrmación 20 kV-380/220 V.
R.B.T. de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Orzamento: 2.702.309 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 29 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6353