Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 11 de setembro de 1996 Páx. 8.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 264/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T. dobre circuíto Portonovo, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a torre n. 19/82 tipo C2000 da L.M.T. existente ata o apoio n.4 da L.M.T. proxectada onde se converte en subterránea e remata na L.M.T.S. existente ós CC.TT. de Portonovo e Areal, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, dobre circuíto, a 20 kV, de 308 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón e metálicos, e 165 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 8.334.748 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6352