Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-253).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 31 de maio de 1996, acordou delimitar inicialmente o ámbito do P.A.-1 denominado Urbanización Bastiagueiro, e confirmar como sistema de actuación o de cooperación, así como comeza-lo expediente de cotas de urbanización.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo, o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables.

Oleiros, 4 de xullo de 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

6391