Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-175).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 31 de maio de 1996, acordou aprobar inicialmente o expediente de reparto de cotas de urbanización e o proxecto de urbanización sobre o ámbito P.A.-2, denominado O Xunqueiro ou Punta Bufadoiro, en Serantes.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo, o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables.

Oleiros, 4 de xullo de 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

6392