Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 9 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña-Servicio de Consumo, pola que se comunica o estado do expediente 15-038/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases na que se atopan os expedientes a eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Denunciado: Joybet, S.L.

Denunciante: Luis Emilio Conde Gila.

Expediente: 15/038/96.

Prazo: dez días.

Trámite: iniciación.

O denunciante dispón do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poida examina-lo expediente, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, Praza de Luis Seoane,

s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 9 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

6355