Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usuarios domésticos, comerciais e industriais no termo municipal de Redondela.

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973 do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con domicilio na rúa da Rosa nº 16, 3º B, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas natural a usuarios domésticos, comerciais e industriais, no termo municipal de Redondela, na provincia de Pontevedra de conformidade co proxecto presentado para o efecto, que se concretará posteriormente, co oportuno detalle, no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións: o proxecto das instalacións establécese a partir da rede de transporte de Enagas, S.A. que discorre por dito municipio.

Desde a rede de transporte de Enagas, S.A., cunha presión máxima de operación de 72 bar, alimentarase o punto de entrega de gas natural (PEGN) á rede de Gas Galicia SDG, S.A. no citado municipio. No PEGN realizarase a medición do gas, e tamén se reducirá a sua presión desde o rango AP-72 (72 bar) ata o rango MPB (4 bar).

A rede de distribución primaria -básica-, cunha lonxitude estimada de 10.000 m, estará deseñada e operará a unha presión máxima de 4 bar efectivos, e desde ela, ben directamente, ou a través das redes secundarias, que se construirán a partir da rede básica, subministrarase gas para os consumos domésticos, comerciais e de pequenas industrias no termo municipal citado.

A rede de distribución secundaria, cunha lonxitude estimada de 22.033 m, deseñarase e operará en parte en MPB, á presión máxima de 4 bar, e en parte á presión máxima de 0,4 bar (rango MPA) en función, especialmente, dos consumos demandados, das características urbanísticas dos núcleos poboacionais e dos condicionantes das vías públicas e edificación.

Para alimenta-la rede de distribución secundaria, a explotación da cal se realiza no rango MPA, instalaranse estacións de regulación, MPB/ MPA, ó longo do trazado da rede primaria que distribúa o gas á presión máxima de 4 bar.

O caudal máximo que se vai conducir será o necesario para atende-la demanda máxima prevista para os diferentes mercados do termo municipal obxecto da concesión, estimándose 2.200 m(n)/h de gas natural.

Área da concesión: o municipio afectado pola solicitude de concesión é Redondela, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: catrocentos trinta e sete millóns seiscentas sesenta e nove mil cincocentas pesetas (437.669.500 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director Xeral de Industria

6354