Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-103/1996, P-108/1996, P-121/1996 e P-145/1996 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportaren documentos ou aportaren as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 30 de xullo de 1996.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-103/96Benjamín Castillo Estévez

A Franqueira-Igrexa

A Cañiza

Pescar sen levar consigo a licencia de pesca, o día 4 de abril de 1996, no río Deva-ArboArt. 33.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial2.000 ptas.
P-108/96José Luis Rodríguez Castro

Gollende-Fornelos de Montes

Atoparse pescando na estacada nº 22 na noite do venres ó sábado, estando fóra do día que lle corresponde e non ter consigo a licencia de pesca, o día 30 de marzo de 1996, no río Tea-Ponteareas.Art. 34.1º e outra Ar. 34.16º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial60.000 ptas. e inhabilitación para obte-la

licencia

durante 1 ano.

P-121/96José Luis Peleteiro García

Constitución, 1-2º-P-1-Cerdedo

Pescar no couto de Cerdedo carecendo do permiso do couto, estando inhabilitado para obte-la licencia de pesca, o día 30 de marzo de 1996, no río Lérez-CerdedoArt. 35.17º e outra no Art. 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 35 e 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial550.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia durante 1 ano.
P-145/96Alfonso Fernández Salvado

Lojo Goleta, 10

Touro-A Coruña

Pescar en época de veda, tendo antecedentes por outras infraccións da Lei 7/1992.Art. 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial60.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia

durante 1 ano.