Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1996 pola que se convoca concurso público para a adquisición de diverso material de hostelería con destino ó comedor de Elviña e diverso material mobiliario con destino á Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, dependentes desta consellería. (Expediente 2396).

Esta consellería resolveu convocar concurso público nº 2396 para a adquisición de diverso material de hostelería con destino ó comedor de Elviña e diverso material mobiliario con destino á Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, dependentes dela.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da consellería, edificio San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 h ás 14 h. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11. Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado e rematará o 21 de outubro ás 14 horas.

4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5. Documentación a presentar polos licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o xoves 24 de outubro a partir das 10 horas.

7. Prazo de execución: 1 mes.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Orzamento de licitación: 52.739.000 ptas.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1996.

P.D. (Orde do 11-6-1996)

Maximino García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria