Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, da obra OH-OUR-96.01 e outra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Nº de expedientes: OH-OUR-96.01 e OH-OUR-96-04.

2. Obxecto dos contratos.

a) Saneamento en Guntín. Os Blancos.

Nº de expediente: OH.OUR-96.01.

Prazo de execución: 10 meses.

Orzamento base de licitación: 6.350.000 ptas.

b) Rede de sumidoiros en Pedroso e Covelas. Riós.

Nº de expediente: OH.OUR-96.04.

Prazo de execución: 10 meses.

Orzamento base de licitación: 6.200.000 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Garantía provisional obrigatoria.

Expediente OH-OUR-96.01: 127.000 ptas.

Expediente OH-OUR-96.04: 124.000 ptas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez,1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Teléfono: (988) 38 62 36.

e) Telefax: (988) 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Calisifación: non se esixe.

b) Outros requisitos.

Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica: deberán acreditarse por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás doce horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1.-Entidade: as proposicións presentaranse en sobre pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2.-Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3.-Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez,1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: o décimo día natural seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 28 de agosto de 1996.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15-2)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense