Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 04 de setembro de 1996 Páx. 8.181

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (326/1995).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo verbal número 326/1995, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. Vistos os presentes autos incidentais de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado co número 326/1995, por instancia de María de los Angeles Bascoy Barcia, representada polo procurador Merelles Pérez e baixo a dirección técnica do avogado Gallego Losada, contra José Manuel Iglesias Boga e o seu letrado dos servicios xurídicos da Xunta de Galicia na representación institucional desta, non comparecidos nos autos e en situación procesual de rebeldía, sobre obtención dos beneficios de xustiza gratuíta; e pronuncio esta sentencia, que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos xurídicos que seguen. Decido: que debo estimar e estimo a demanda interposta recoñecéndolle a María de los Ángeles Bascoy Barcia o dereito a litigar de balde na demanda de separación conxugal que contra José Manuel Iglesias Boga se segue neste xulgado baixo o número 326/1995, cos beneficios expresados no artigo 30 da Lei de axuizamento civil, todo iso sen expresa imposición de custas.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, José Manuel Iglesias Boga, con domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteún de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

4809