Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e en cumprimento do acordado por decreto da presidencia desta data e acordo da Corporación provincial do 29 de marzo último, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polos concellos que se relacioan para a xestión, liquidación, inspección e recadación dos impostos que se mencionan, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de setembro de 1994:

ConcellosImpostos

A VeigaIAE

LaroucoIBI e IAE

ToénIBI e IAE

A presente delegación ten efectos para todo o exercicio de 1996 e recibos anteriores pendentes, e estará vixente ata o 31 de decembro de 1996 e quedará tacitamente prorrogada, por períodos de catro anos, se ningunha das partes manifesta expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a seis meses á súa finalización ou a de calquera dos períodos de prórroga.

Ourense, 12 de agosto de 1996.

O presidente

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.