Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de aprobación definitiva das normas subsidiarias municipais do Concello do Grove, así como das súas normas e ordenanzas.

De conformidade co establecido no artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia, faise público polo presente anuncio que, en Pleno do 25 de abril de 1996, se adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

1º. Aprobar definitivamente as normas subsidiarias municipais.

2º. Publica-lo acto de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

3º. Comunicarlle o presente acordo á COPTOPV, dándolle traslado de copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares completos do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

4º. Publica-las normas e ordenanzas recollidas nas ditas normas subsidiarias municipais.

O Grove, 10 de xullo de 1996.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde

6292