Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.
Denominación: reelectrificación de Roibas.
Situación: Begonte.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 sobre torres metálicas e postes de formigón, cunha lonxitude de 745 metros. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V sobre torre metálica. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Roibas, concello de Begonte.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 17 de xullo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6127