Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/24-2-4280 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. entre subestación Ceao e subestación r/ Conde.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea entre subestación Ceao e subestación r/ Conde-Lugo, a 20 kV (dobre circuíto), cunha lonxitude de 9.272 metros, realizada con conductor DHV 18/30 kV de 1x400 mm Al, para mellora do servicio eléctrico á cidade de Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 9 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9606117