Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 94/7 A.T.).

Atendendo as peticións do Concello de Ponteareas e da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, de libera-la zona da Ponte Romana de apoios de liñas eléctricas para mellora-lo contorno, a com

pañia eléctrica Sestelo y Cía, S.A. acorda realizar unha modificación na L.M.T. Ponteareas-Xinzo, con autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública do 22-7-1994.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de modificación na situación do apoio nº 1 da L.M.T. Ponteareas-Xinzo, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o centro de distribución de San Roque ata o apoio nº 2 da L.M.T. Ponteareas-Xinzo, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la contorno paisaxístico.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, con conductor LA-110, sobre torre metálica de 26 m de altura e 9.000 kg de resistencia.

Orzamento: 1.082.015 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 1 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6052