Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/74-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Tomada-Lestón.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, para alimentación ó polígono industrial da Tomada; o tramo subterráneo baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm, de 492 m de lonxitude que discorre polo chan do polígono e no tramo aéreo sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 2460 m de lonxitude, con orixe na liña Palmeira-A Pobra (expediente 52282) e final no entroncamento a paso subterráneo citado. Concello da Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6156