Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial do sector de fabricantes de mobles de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo provincial do sector fabricantes de mobles (código nº 3200185) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola Confederación Provincial de Fabricantes de Mobles de Ourense e da parte social polas centrais sindicais; FEMCA-UGT e CC.OO., todos con lexitimidade suficiente para asinalo, en reunión celebrada o 24 de abril de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 24 de maio de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de fabricantes de mobles de Ourense 1996

Artigo 1º

De conformidade co Estatuto dos traballadores, o presente convenio afectará a tódolos traballadores do sector de fabricantes de mobles non excluídos expresamente por este e dentro do ámbito das empresas establecidas en Ourense e provincia, ou que no futuro se establezan, dedicadas á ebanistería, carpintería e tapicería.

Quedan excluídos do presente convenio:

A) O persoal de alta dirección ou alto consello e os socios de empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.

Artigo 2º

O presente convenio terá unha duración de 1 ano, e entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996 e rematará o 31 de decembro de 1996, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 1996, manténdose a súa vixencia mentres non se negocie outro que o substitúa. O convenio denunciarase con tres meses de antelación ó remate da vixencia. A forma de denuncia será por medio de comunicación dunha parte á outra na que se fará consta-la pretensión de denuncia-lo convenio, a representación que ostenta para negociar, así como as materias que se van negociar.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes deste convenio serán absorbidas ata onde chegue o cómputo anual con aquelas outras condicións que puidesen establecerse por disposición legal, salvo cando expresamente se pacte o contrario.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

1. A duración da xornada laboral de traballo efectivo no presente convenio colectivo será no ano 2000 de 1.780 horas. En consecuencia e debido á adaptación prevista no convenio xeral da madeira, as xornadas laborables de traballo ata o ano 2000 serán as seguintes:

1996: 1.796 horas.

1997: 1.792 horas.

1998: 1.788 horas.

1999: 1.784 horas.

2000: 1.780 horas.

2. As ditas xornadas considéranse de traballo efectivo.

Artigo 5º.-Vacacións.

O tempo anual de vacacións será de trinta días naturais a salario real ou a parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando o ano requirido para o desfrute pleno deste dereito.

O total de días anuais de vacacións repartiranse para os efectos de desfrute con carácter xeral da

seguinte forma: 15 días seguidos para desfrutar no verán.

O resto, para desfrutar de acordo entre traballador e empresa, atendendo de forma prioritaria ás necesidades de producción.

Deberá facerse pública cun mínimo de dous meses a data das vacacións.

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá o promedio da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, agás as horas extraordinarias e as gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que, na liquidación que se lles practique no momento da baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

Pola contra, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade leboral efectiva durante o ano.

Para efectos do devengo das vacacións, considerarase somo tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute das vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se, ó vencemento deste, o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal, de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamentos por finalización de contrato.

Conceptos retributivos

Artigo 6º.-Salario.

As táboas retributivas para os anos 1996, 1997 e 1998 incrementaranse no índice de prezos de consumo oficial dos últimos 12 meses precedentes ó 31 de decembro dos anos indicados, ós que se lles engadirá ademais a parte correspondente á compensación por supresión da antigüidade e o rateo da paga de marzo, que desaparece como tal.

Para 1996, o incremento salarial será do 4,3% maila cantidade correspondente por supresión da antigüidade.

Artigo 7º.-Antigüidade.

1. A partir do 30 de setembro de 1996, non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando, polo tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que xerasen ou puidesen xerar, antes do 30 de setembro de 1996, novos dereitos e contías en concepto da antigüidade, man

terán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada e non será absorbible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición deste concepto, calcularase o equivalente a 8 anos (isto é, segundo o criterio da antiga ordenanza laboral). Un quinquenio máis tres quintas partes doutro quinquenio, das bases e porcentaxes de concepto de antigüidade de cada convenio de ámbito inferior ó presente ou, no seu defecto, das porcentaxes da ordenanza laboral.

A contía resultante dividirase entre cinco.

A cantidade resultante de efectua-la operación anterior será a que se lle engadirá ó importe anual do salario base durante os cinco primeiros anos.

A compensación da antigüidade para 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000 será a seguinte:

-Peón: 1.330 ptas. mensuais.

-Axudante: 1.448 ptas. mensuais.

-Oficial 2ª: 1.484 ptas. mensuais.

-Oficial 1ª: 1.489 ptas. mensuais.

-Encargado: 1.525 ptas. mensuais.

-Auxiliar administrativo: 1.448 ptas. mensuais.

-Administrativo de 2ª: 1.484 ptas. mensuais.

-Administrativo de 1ª: 1.489 ptas. mensuais.

Transcorridos os cinco anos, desaparecerán as ditas contías e a antigüidade quedará cos valores que tivese o 30 de setembro de 1996, quedando así fixada no sucesivo.

En canto ó valor do quinquenio, será o seguinte:

-Peón: 59.136 ptas./ano.

-Axudante: 64.351 ptas./ano.

-Oficial 2ª: 65.961 ptas./ano.

-Oficial 1ª: 66.195 ptas./ano.

-Encargado: 67.779 ptas./ano.

-Aux. administrativo: 64.351 ptas./ano.

-Administrativo 2ª: 65.961 ptas./ano.

-Administrativo 1ª: 66.195 ptas./ano.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días de salario base máis antigüidade.

Consideraranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por

semestres naturais e por cada día natural que se devengase o salario base.

Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 30 de decembro.

A contía dos ditos complementos será a que se especifique para cada un dos grupos ou niveis na táboa deste convenio, incrementada coa antigüidade que corresponda.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias, conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 9º.-Indemnización por desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non llelas facilite a empresa, consistente en 39 ptas. por día efectivo de traballo para o oficial e de 20 ptas. para o axudante. A empresa determinará os casos de contribución de ferramentas por parte do traballador.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indican e polo tempo que se sinala:

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros: 3 días naturais, ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais ampliables ata 4 naturais en caso de desprazamento superior a 150 Km.

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós: tres días naturais, ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais, ampliables ata 4 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Nacemento de fillo ou adopción: 3 días naturais, ampliables a 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

Cambio de domicilio habitual: 1 día laborable.

Deber inescusable de carácter público ou persoal: o indispensable ou o que marque a norma.

Lactación ata nove meses: ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora, reducción da xornada en media hora.

Traslado (Art. 40 ET): 3 días laborables.

Matrimonio de fillos: 1 día natural.

Funcións sindicais ou de representación de traballadores: o establecido na norma.

O tempo necesario para acudir ó médico, presentando a xustificación correspondente.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles a tódolos traballadores as pezas de roupa de seguridade á que houbese lugar, adaptadas ós distintos postos de traballo. A roupa de traballo e as pezas de roupa de seguridade reporanse sempre que cumpra, cando o seu grao de deterioración non sexa imputable á neglixencia do traballador. Estas pezas de roupa serán sempre propiedade da empresa e o traballador está obrigado á boa conservación e emprego.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de mantenza e aloxamento do traballador, ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

O traballador percibirá axuda de custo completa cando, como consecuencia do desprazamento, non poida pasa-la noite na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

Devengarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afectado teña necesidade de realiza-lo xantar fóra da súa residencia habitual e non lle fose subministrada pola empresa, e poida pasa-la noite na citada residencia. A media axuda de custo devengarase por día efectivo de traballo.

As axudas de custo ou medias axudas de custo percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador.

Ó persoal afectado por este convenio seranlle aboados, no caso de desprazamento fóra do seu centro de traballo habitual, os gastos ocasionados e debidamente xustificados.

Artigo 13º.-Retribución de menores.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio, terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional, relacionada co posto de traballo que vaia desempeñar.

O contido do contrato, igual cás súas posibles prórrogas deberá formalizarse por escrito, e figurará neste de xeito claro a actividade ou profesión obxecto da aprendizaxe.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorran circunstancias de tipo tóxico, penoso, perigoso ou

nocturno. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador cun contrato destas circunstancias non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22 anos.

A) A duración máxima será de tres anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

B) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a 6 meses, podendo prorrogar ata tres veces por períodos como mínimo de 6 meses.

C) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretarase no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado de ensino teórico.

O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de xeito racional.

No contrato deberá figura-lo nome e a categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola axeitada formación do aprendiz, así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

O salario que percibirá o aprendiz será o 75%, 85% e o 95% do salario do axudante ou categoría equivalente do presente convenio, durante o primeiro, segundo ou terceiro ano do contrato, respectivamente.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, no que constará a duración desta.

Artigo 14º

No caso de non ser autorizado pola autoridade laboral competente algún dos preceptos deste convenio, este quedará sen efecto, debendo considerarse o seu contido total.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

As empresas están obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de tres meses a partir da contratación do traballador, unha póliza de seguros para a cobertura dos riscos de morte e incapacidade para todo tipo de traballo dos traballadores por accidente laboral, incluído in itinere, que lle garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes-causa no caso de morte ou invalidez para

todo tipo de traballo, por causa fortuíta, espontánea e exterior á vontade do traballador, a percepción da indemnización seguinte:

1.500.000 ptas. no caso de morte.

2.500.000 ptas. no caso de incapacidade para todo tipo de traballo.

Esta composición é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou Montepío. Non obstante, as indemnizacións ás que se fai mención neste artigo non se considerarán como entrega a conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar, con cargo ás empresas, os tribunais de xustiza, unha vez exista sentencia definitiva, sobresemento ou renuncia de accións.

Artigo 16º.-Situacións de incapacidade laboral.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral, con ou sen hospitalización, percibirán polo período de ILT, por conta da empresa, o 100% do salario desde o día 10 ata o 70, ambos inclusive. Para os supostos de enfermidade común e enfermidade profesional percibirán, en caso de ILT por conta da empresa, o 100% do salario desde o día 20 ata o 60, ambos inclusive.

Artigo 17º.-Comisión paritaria.

Constitúese una comisión mixta paritaria para a interpretación deste convenio, constituída polos membros da comisión negociadora.

Artigo 18º

No non previsto no presente convenio colectivo, haberá que aterse ó disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o convenio estatal da madeira, asinado o 21 de marzo de 1996 entre as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CONEMAC, como dereito de directa aplicación para todas aquelas cuestións non consideradas no presente convenio provincial e que afectan as empresas e traballadores do correspondente ámbito territorial.

Disposición transitoria

Primeira.-En relación coa duración do convenio sinalada no artigo 2º do presente convenio, sinálase que, para efectos do incremento salarial, as partes reuniranse a primeiros de ano co obxecto de aplica-lo IPC correpondente ó ano anterior e fixa-las táboas salariais dese ano, tendo en conta que, para efectos de incremento salarial, a duración do convenio será de tres anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 1998 e nos termos que sinala a disposición adicional primeira do convenio xeral da madeira, data a partir da cal, no caso de ser denunciado o convenio, se reunirán as partes para a negociación do incremento salarial.

Disposición adicional

Primeira.-Os atrasos do presente convenio serán aboados nun prazo non superior a 30 días desde a súa publicación no BOP.

Segunda.-Co fin de axusta-lo calendario laboral anual no presente ano 1996, fíxanse como días non laborables o 24, 26, 27, 31 e catro horas do día 30, todos do mes de decembro, salvo acordo entre empresa e traballadores para a fixación doutros distintos.

Terceira.-O rateo da paga de marzo suporá para cada traballador, segundo a súa categoría profesional, as seguintes cantidades:

Peón: 2.214 ptas.

Axudante: 2.410 ptas.

Oficial 2ª: 2.470 ptas.

Oficial 1ª: 2.479 ptas.

Encargado: 2.538 ptas.

Aux. administrativo: 2.410 ptas.

Administrativo de 2ª: 2.470 ptas.

Administrativo de 1ª: 2.479 ptas.

Cláusula de sumisión ó AGA.

Dada a importancia que poida ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo, AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes que asinan este convenio, durante a vixencia deste acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos nos que están formuladas.

TÁBOA SALARIAL

CategoríaSalario base

Peón84.481 ptas.

Axudante91.930 ptas.

Oficial segunda94.230 ptas.

Oficial primeira94.564 ptas.

Encargado96.827 ptas.

Auxiliar administrativo91.930 ptas.

Administrativo de 2ª94.230 ptas.

Administrativo de 1ª94.564 ptas.

6290