Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación dos equipos electrotérmicos do parque eólico de Malpica. (Expediente número 70/1994).

Autorizado e declarado de utilidade pública o parque eó1ico coa instalación de 67 aeroxeradores de 225 kW/u de potencia, montados sobre torres metálicas tubulares de 28 m de altura, con rotor de 3 pas de 13,7 m de lonxitude por pa, situados na zona

de Nariga, no lugar de Picos de Navas, no termo municipal de Malpica, por Resolución do 14-12-1995 (Diario Oficial de Galicia do 6-7-1996) da Dirección Xeral de Industria, a prol da sociedade Parque Eólico de Malpica, S.A., con enderezo na r/ Hórreo nº 94, entresollado, 15702-Santiago de Compostela.

A referida resolución leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e a adquisición dos dereitos afectados e a declaración de urxente ocupación de conformidade co Decreto 205/1995, do 6 de xullo, (DOG do 17-7-1996) da Consellería de Industria e Comercio que regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, e a Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, (Boletín Oficial del Estado do 31-12-1994).

En consecuencia, fáiselles saber ós titulares propostos dos predios que se conteñen na relación anexa ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o día 13 de setembro de 1996, a partir das 11 horas, o representante da Administración acompañado dun perito, se constituirá nos predios para a toma de datos e levantar a continuación na Casa do Concello de Malpica as actas previas a ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens expropiables e se farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Este edicto publícase no Diario Oficial de Galicia, BOP, e xornais El Correo Gallego e El Ideal Gallego, e exponse no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Malpica.

Advírteselles ós interesados que no día e hora sinalados poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito ante esta delegación ata aquel momento alegacións ós unicamente para os efectos de corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens para expropiación forzosa de superficies en superficie e imposición de servidumes en superficies de voo.

A Coruna, 6 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: nº: 70/1994 A.T.Provincia: A Coruña

Terreos instalación parque eólicoConcello: Malpica

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

NºLugarCultivoNome e apelidosDomiciliosuperficie (m)Voo (m)

6Picos de NavasMonte baixoRamiro Malpica OrdóñezMens

15113-Malpica

1.0211.250

15Picos de NavasMonte baixoHros. Manuel Ordóñez NovoMens

15113-Malpica

1.0271.250

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

NºLugarCultivoNome e apelidosDomiciliosuperficie (m)Voo (m)

35Picos de NavasMonte baixoManuela Pampín SuárezMens

15113-Malpica

1.0551.250

57-58Picos de NavasMonte baixoCarmen Estramil PuñalMens

15113-Malpica

928772

75Picos de NavasMonte baixoGenaro e Ramiro González LemaMens

15113-Malpica

1.6381.755

77Picos de NavasMonte baixoJesús Novo SuárezMens

15113-Malpica

513481