Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52823).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica a 132 kV enlace liña San Marcos-Pedrido coa subestación de Sada, nos termos municipais de Bergondo e Sada (Expte. nº 52.823), por resolución da Dirección Xeral de Industria do

14-9-1994, e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica polo Decreto 300/1996, do 18 de xullo, (Diario Oficial de Galicia do 29 de xullo de 1996), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidad Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías nº 2, 15004-A Coruña.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG do 9-8-1995, que se expón actualizada nos taboleiros de edictos das casas do consello de Bergondo e Sada, ó que se lles practicará notificación para o efecto, que os días 10, 11 e 12 de setembro de 1996, a partir das 10 horas o primeiro día, e a partir das 11 horas os dous días seguintes, o representante da Administración acompañado dun perito, se constituirá nos predios para a toma de datos e levantar a continuación na citada Casa do Concello, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens expropiables, e farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados; os interesados poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito ante esta delegación

ata aquel momento alegacións, unicamente para os efectos de corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 6 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegación provincial en funcións da Coruña